21 ene 2010
QUEN FOI ERZSEBEL BATHORY? SEGUIMOS A VOLTAS CON RUMANIA E COA EMIGRACIÓN
Na reunión de hoxe os Fendetestas seguimos recollendo información sobre Rumania: trouxemos mapas, a biografía de Ceausescu... e tamén un libro ben curioso escrito por Alejandra Pizarrik sobre Erzsebel Bathory, condesa húngara que lle serviu a Bram Stoker como fonte para crear o personaxe de Drácula. Decidimos que os membros do club o leven á casa para lelo e que o vaian pasando duns a outros (é curto e de fácil lectura): en dúas semanas estaremos xa en disposición de falar del.
Isto foi só o comenzo; despois dunha pequena conversa sobre os temas anteriores, empezamos a ver a película UN FRANCO, CATORCE PESETAS, onde se trata o tema da emigración: o enfoque humorístico de certas secuencias suaviza a dureza desa realidade e está creando un clima moi agradable na actividade de visionado. Seguiremos a próxima semana. Ata o martes!
Por certo, estamos pensando en ler EL PASO DEL ESTRECHO, de Fernando Lalana, para seguir co fío temático da emigración. Así é que se queredes continuar con nós, xa sabedes máis ou menos por onde imos seguir camiñando.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario