1 mar 2010

24F: SOLUCIÓN AO ENIGMA DA ENTRADA ANTERIOR



O prometido hai que cumprilo: ofrecémosvos a posibilidade de ir ao cine para ver a nova versión de Sherlock Holmes e o pasado venres, 24 de febreiro fíxose realidade a proposta. Os fendetestas fomos ao cine e, grazas á colaboración do Departamente de Lingua Castelá e Literatura, levamos connosco a ¡ todo 1º e 2º da ESO, ademais do alumnado de 4º PDC e do PCPI. Vimos ao detective londinense intelixente como sempre e divertido como nunca: a verdade é que se agradece que a resolución de complexos enigmas vaia acompañada dunha acción trepidante e de oportunas pingas de humor que nos fan sorrir en varias ocasións. A diversión e o entretenemento estiveron na sala con todos nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario