5 jun 2010
SOBRE SÍMBOLOS
Canto traballo empezamos a ter... Hai xa moitos exames e pouco tempo de lecer! No club témolo en conta e ralentizamos un pouco a actividade. Hoxe falamos sobre a simboloxía na obra coa que traballamos El señor de las moscas , que envolve non só aos personaxes, senón tamén aos obxectos: a caracola, que aparece tamén nos Simpson, simboliza a ley, as normas; o lume é o avance, o camiño cara ó mundo civilizado; o señor das moscas simboliza o medo, o temor ao que poida suceder; Piggi, coas súas gafas, é o reflexo da intelixencia e da lóxica aplicada á vida; axuda a Ralh, que é o reflexo da democracia como forma de convivencia (fai asembleas e escoita o que lle propoñen); antagónicamente actúa Jack, que representa a dictadura, a imposición de ideas sen diálogo...
Os fendetestas opinan que o episodio dos Simpson esquematiza, engadíndolle unha boa dose de humor, varios dos conflictos do libro, por suposto moito máis rico: sabe conservar elementos tan importantes como o da caracola.
Como nos queda xa moi pouco tempo, decidimos seleccionar uns poemas de Miguel Hernández (sabede que no noso IES estase a conmemorar o seu centenario cun concurso titulado POEMAS EN IMAXES que imos ler e comentar nas dúas sesións que nos quedan: imos tamén ver unhas secuencias do vídeo que acompaña ao último CD de Serrat onde novamente se musican composicións do poeta oriolano. Xa vos teremos ao tanto.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Fin de curso e inicio de nuevos proyectos. Esto es un no acabar.
ResponderEliminar