Somos o grupo de lectura de 4º de Diversificación e ímosvos contar a nosa opinión sobre o relato que acabamos de ler no libro A biblioteca da iguana, de Xosé Miranda.
O conto titúlase Crisálida e cóntanos unha historia arredor dunha mestra que vai dar clase a unha montaña lucense. Ao pouco de chegar, empeza a notar que suceden cousas moi raras nesa vila. O seus alumnos non teñen unha actitude normal na clase xa que a maioría deles faltan cada vez con maior frecuencia. A protagonista observa neles unha ansia desmesurada por comer, entre outras moitas cousas, como o cedo que se deitan.
Intenta descubrir a que se deben esas actitudes comentándollo a un mestre no que confia e a súa resposta confírmalle que algo misterioso está a suceder: os rapaces cambian de aspecto dun ano para outro e por iso alguén arrincara todas as fotos dos expedientes.
A historia está redactada en forma de varias cartas, que a protagonista envía ao seu noivo. Iso crea un efecto en nós de maior realismo: parece que as cartas están escritas ao lector.
Recomendámosvos este conto porque nos ofrece unha historia distinta na que se mestura : misterio, ciencia ficción, bioloxía, xeografía galega...Se vos gusta a sorpresa e o suspense, xa sabedes como pasar unha boa tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario