Na primeira reunión que tivemos os Fendetestas de 1º ESO estivemos intercambiando opinións sobre o libro de Steven Zorn titulado Relatos de pantasmas. A verdade é que todos comentamos que nos gustaron moito as historias, aínda que con algunhas precisións. Démonos conta de que nos contos que lemos sempre había partes da narración que non quedaban totalmente explicadas. A razón é ben clara: é moito máis misterioso contar as cousas a medias que ofrecer todos os detalles. O descoñecido dá máis medo que o coñecido, por iso moitos dos finais son abertos e deixan que a imaxinación do lector traballe.
Ademais de reflexionar sobre este feito e de aprender algo novo sobre a temática do misterio, tamén falamos da celebración do Samaín, xa que un dos relatos transcorre nesta máxica noite.
Aproveitamos este encontro para escoller novas lecturas e intercambiar comentarios sobre os temas que nos interesaban. Unha das propostas que tivo máis éxito foi a das historias relacionadas con asasinatos e a resolución de misterios.
A nosa próxima lectura é unha selección de Relatos escalofriantes de Roald Dahl. Xa iremos dando conta das nosas impresións.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario