Acabamos de ler estes días O home dos hospitais e O piso de enriba, contos, como Crisálida, do novelista X. Miranda. Desde logo, é indiscutible a súa mestría a hora de crear situacións de misterio capaces de enganchar e de sorprender cun final que ninguén espera.
En O home dos hospitais un narrador en primeira persoa cóntanos a historia que lle acontece cun misterioso personaxe que atopa cada vez que visita os hospitais. Trátase dun ser desagradable que mesmo dá noxo.
Ó final, o propio narrador, que sufriu un grave accidente, descobrenos que ese desacougante ser é a morte, que neste caso vén por el.
En O piso de enriba atópamos novamente un narrador en primeira persoa que vai visitar unha amiga cun pasado cheo de feitos inquedantes (separación da súa parella, ingreso do irmán nun psiquiátrico...) Cando está con ela, no salón da súa casa, escoita ruídos no piso de enriba. A inquedanza vai en aumento: cando subía atopou un home moi estraño nas escaleiras, e agora, todo ese balbordo... Ao final outra vez o autor sacúdenos cunha revelación tremenda: non existe ningún piso de enriba... polo menos na realidade na que vive o protagonista.
Gústanos ler os relatos deste autor polo ben que manexa a intriga e polo acerto que ten ao mésturala coa realidade. Sabe tamén escoller ben as voces da narración: os feitos contados en primeira persoa resúltannos moito máis críbles.
Lorena, Daniel, Sergio, Amanda e Sonia (4º ESO C)
Lorena, Daniel, Sergio, Amanda e Sonia (4º ESO C)
No hay comentarios:
Publicar un comentario