Algúns dos Fendetestas de 1º ESO aproveitamos as pasadas vacacións de Nadal para ler unha
novela de Agustín Fernández Paz que se titula Cartas
de inverno. Todos estivemos de acordo en que nos pareceu unha historia ben
misteriosa e interesante e queremos contarvos un pouquiño o seu argumento.
Adrián, un recoñecido pintor a
nivel internacional, merca unha casa pretendidamente “encantada” aceptando un
reto que lle fixo un amigo seu escritor que se chama Xabier. Cando se
traslada a vivir a ela comezan a acontecer unha serie de feitos estraños ou
paranormais: incomprensibles chamadas
telefónicas, mensaxes de peticións de socorro a través do fax, debuxos
petroglíficos nas portas… Pero o máis desacougante dos fenómenos acontecidos na
casa foi para nós foi o dun gravado que
ía cambiando a imaxe. O protagonista atopou un libro no faiado; nel había un
debuxo que non figuraba no índice no que
aparecía unha rapaza nunha habitación. O incrible é que cada vez que
Adrián volvía mirar o debuxo a rapaza
tiña cambiado de posición .
Non vos contamos máis, pero aproveitamos para
deixarvos as nosas impresións e recomendarvos que vos animedes a lelo.
Sabela comenta que lle pareceu unha novela moi
interesante, xa que intriga dende o principio e obriga a seguir
lendo. Unicamente cambiaría o final
porque lle gustaría que fose máis concreto.
Leonardo di que a pesar de que el
non é un lector entusiasta da temática de misterio, acabou “enganchado” pola
historia. Explica que, xa dende o comezo, crea moito afán por saber o que vai
pasar a continuación. O final tamén lle
pareceu un pouco raro.
Ángela, que leu a versión en banda deseñada,
comenta que os debuxos eran impresionantes e que a historia lle pareceu moi intrigante.
Yago remata recomendándovos o
libro e definíndoo como interesante, misterioso e inquietante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario