As lágrimas de Shiva conta a historia dun rapaz que, a causa da enfermidade contaxiosa que sofre o seu pai, se ve obrigado a pasar o verán cuns familiares (tíos e primas) que case non coñece. Alí
agárdao unha experiencia moi interesante e un enigmático misterio que vai
tentar resolver coa axuda dunha das súas curmás.
A lectura desta novela de César
Mallorquí foi un éxito total. Estivemos analizando e comentando as razóns polas
que este libro nos gustou tanto. Para algúns a clave estivo en combinar o misterio con outras temáticas do
noso interese e coas que nos sentimos identificados: amor, amizade, relacións
familiares... As investigacións no pasado da familia foi unha das partes que
máis interesou á maioría. Tamén falamos do que non nos agradou tanto: a
relación amorosa entre o protagonista e a súa prima pareceunos a algúns un
chisco precipitada e algo irreal. Tampouco nos encantaba cando a investigación
da historia familiar quedaba en segundo lugar, coma un pouco esquecida.
Para rematar, relacionamos o
misterio familiar de As lágrimas de Shiva coa historia de
Romeo e Xulieta e falamos dun feito histórico ao que se fai referencia na novela: a
chegada do home á Lúa.
Fendetestas 1º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario