Aproveitando o encontro organizado polo
Departamento de Lingua Galega e Literatura co escritor Xabier P. Docampo, os Fendetestas de 1º de ESO
estivemos lendo Cando petan na porta pola noite.
Coa temática do misterio iniciamos este curso
as lecturas no noso club. Seguindo esta liña, que colleitou moitos
seguidores, estamos a punto de poñer
punto final á andaina deste ano.
Na posta en común do libro de Xabier Docampo comentamos o conto “O cumpremortes”
e todos falamos do intrigante que nos pareceu e do moito que nos gustou. Interesounos moito o epílogo no que o autor fala daquelas cousas que o
atemorizan e pensamos na posibilidade de falar dos nosos propios medos elaborando unha listaxe. Velaí o
resultado:
Nós temos medo a…
Á morte
Ás enfermidades
A durmir e non
espertar
A perder a memoria
A quedar só
Ás abellas,
ás avespas, aos ratos…
A que desaparezan os animais
Aos tolos
Ao manicomio
A que me tomen por
tolo
A deixar de ser un
neno
A perder a imaxinación
A suspender un exame
ou unha materia
Á deforestación
A que me enterren vivo
Aos xihadistas
Á eternidade
Á nada
..............
No hay comentarios:
Publicar un comentario