Para rematar o curso escollemos como lectura un libro de César Mallorquí titulado O último traballo do señor Luna. O autor é o mesmo de As lágrimas de Shiva, obra que xa propuxemos no club Fendetestas en varias ocasións, e sempre con grande èxito.
O señor Luna é un
asasino a soldo que foi contratado por un narcotraficante para atopar a unha muller boliviana chamada Flor Huanaco. Esta
provocara a perda dun cargamento de droga por valor de cen millóns como vinganza pola morte do seu marido. Na súa fuxida
de Sudamérica marcha a España coa súa
filla Samara a traballar como asistenta cunha
familia que ten un fillo chamado Pablo.
Este faise amigo de Flor, mentres o señor Luna contrata a un grupo de rapaces de ideoloxía radical para localizar á
fuxida. Un dos membros da banda resulta
ser o mozo da rapaza que lle gusta a Pablo.
Só vos imos contar esta parte da historia
agardando que vos interese e que vos animedes a lelo. A nós, Fendetestas de 1º
ESO, gustounos moito e pareceunos un libro moi
entretido cun final sorprendente. Na reunión que tivemos, comentamos que é
unha obra que nos ensina a respectar aos demais
e a comprender os motivos polos que determinadas persoas actúan de xeito
incorrecto. Neste sentido é moi importante o personaxe do señor Luna; despois
de saber como foi a súa infancia entendemos mellor por que se dedicaba a ser asasino a soldo. De todos os xeitos, ao
final da obra actúa dunha maneira moi diferente ao que podiamos esperar. Pero iso xa o saberedes cando o leades...
Ángela e Idaira (1º ESO)
No hay comentarios:
Publicar un comentario