Un ano máis o noso club inicia a súa andaina lectora. Este curso son 47 as rapazas e os rapaces, repartidos nun total de nove grupos, que compartirán con sete profesoras a experiencia da lectura.
Incorporamos unha nova sección do club de lectura en lingua inglesa coordinada polas profesoras María Luísa López Velo e Elena Mª Lagoa Freire. Cumprimos así un dos obxectivos esenciais do club: a valoración da multiculturalidade e da diversidade como fonte de enriquecemento que nos permite coñecer outras culturas e medrar como persoas. Na mesma liña celebramos a incorporación ao grupo Rosa López González de Xeografía e Historia que, de seguro, aproveitará os seus coñecementos para axudarnos a contextualizar as obras e, por conseguinte, a comprendelas mellor.
Boas e proveitosas lecturas a todos e a todas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario