Damos conta das novas lecturas
escollidas para botar a andar o Club de Lectura Fendetestas un ano máis.
Un dos grupos dos membros máis novos
do Club de Lectura comezou mergullándose no mundo da banda deseñada a través de
Obelix e compañía de R Goscinny e
A. Uderzo. Outro dos grupos de 1º preferiu adiantar o Samaín da man de Concha López
Narvaez con La sombra del gato.
A temática do misterio tamén foi a seleccionada
como primeira lectura por un dos grupos de 2º ESO: Relatos escalofriantes
de Roald Dahl. O outro grupo decantouse
por dar continuidade a un autor que colleitou grandes éxitos cursos anteriores
coa famosa obra O neno do pixama a raias. Falamos de John Boyne e do seu último achegamento á época dos nazis
e do holocausto xudeu: El niño en la
cima de la montaña.
A cruel temática da 2ª guerra mundial
tamén centrará as lecturas dos dous grupos de 3º ESO que optaron unanimente por
Enderezo descoñecido de Kressman Taylor.
Os Fendetestas de 4º ESO combinarán a
lectura da novela de María Solar Os
nenos da varíola co clásico de Agatha Christie Asasinato no Orient
Express. Na sección de Inglés as obras seleccionadas
foron The curious case of Benjamin
Button de F. Scott Fitzgerald para 4º ESO e
Brave new world de Aldoux Huxley para 1º de bacharelato.
Os máis veteranos do club están lendo Mundo Extraño de José
Ovejero, autor que visitará o noso centro no mes de novembro para manter un
encontro literario centrado na obra nomeada.
Un total de dez títulos repartidos entre 55 ávidos lectores e lectoras (aproveitamos para dar a benvida ás incorporacións de última hora) que compartirán con sete profesoras o pracer da lectura e da adquisición de coñecementos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario