Os fendetestas de 2º ESO non paramos de ler. Nesta ocasión as obras escollidas foron Querido hijo: estás despedido e Querido hijo: estamos en huelga de Jordi Sierra i Fabra. As opinións foron coincidentes, os dous gustáronnos moito e ademais fixéronnos pensar.
Querido hijo: estás despedido pareceunos bastante cómico e divertido pero á vez un pouco triste porque nos decatamos de que o noso comportamento ás veces deixa moito que desexar... De feito, pensamos que todas as rapazas e rapaces da nosa idade deberían lelo para poñerse un pouquiño do outro lado e ver como nos coidan e se preocupan por nós os nosos pais.
A lectura de Querido hijo: estamos
en huelga fíxonos meditar sobre algo que parece moi evidente pero que non
sempre temos claro: os nosos pais non son os nosos criados e tamén teñen dereito a descansar de cando en vez. Unha das cuestións
que crea máis problemas entre pais e fillo é a desorde. A nós cústanos bastante
iso de recoller as cousas e resúltanos pesado que nos estean dicindo sempre o que
temos que facer. Ás veces cústanos ver que ser pais é unha tarefa moi complexa e que esixe moito traballo e dedicación.
Por outra parte, os libros tamén nos fixeron ver que os pais non son perfectos e tampouco teñen razón sempre. Nós tamén a temos ás veces. O que está claro é que todos temos que poñer da nosa parte para levarnos ben e axudar o que poidamos.
Rematamos a lectura deste libros, pero non cambiamos de autor porque o noso seguinte obxectivo é La memoria de los seres perdidos. Compartiremos neste blog as nosas impresións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario