1 nov 2022

SOBRE O SAMAÍN E O HALLOWEEN

     

     Este  foi un Samaín  moi especial no noso centro. Os alumnos e alumnas da ESO tivemos a sorte de poder asistir a unha representación teatral sobre a orixe desta  celebración. O profesor Jesús Iglesias sorprendeunos  coa  súa caracterización e a súa faceta de actor. Velaquí unha pequena reportaxe visual da escenificación que se desenvolveu na nosa biblioteca (perfectamente ambientada para a ocasión). 






    Moitas grazas Jesús, por ensinarnos dunha maneira tan terrorífica e orixinal que o noso Samaín está na orixe do famoso Halloween!

No hay comentarios:

Publicar un comentario