19 dic 2022

UN AGASALLO MÁIS ALÁ DAS FRONTEIRAS

     Dúas nenas, unha galega e outra ucraína, que viven a miles de quilómetro de distancia entran en contacto e, a partir deste encontro, as súas vidas mudarán, pero neste caso concreto para mellor. 
Parte do alumnado do Club Lector de 1º ESO A escolleu este libro de Sabela Núñez Singala. A lectura encantoulles e esta historia, hoxe tan actual, deixou unha forte pegada nas xoves lectoras.
     " O libro gustoume moito e para min ten un significado moi importante. É un libro que ten moitos valores e tamén nos ensina como viven noutros lugares do mundo. Eu este libro volvería lelo", di Noa Cases Prado.
     " Este libro pareceume moi divertido e entretido xa que me encantan os distintos puntos de vista das nenas: a que escribe no diario e a que escribe no blog. Outra cousa moi interesante é a empatía que ten Xiana cos nenos e as nenas do fogar. En conclusión, recomendo moito este libro para todas idades e volvería ler máis libros coma este" comenta Silvia Castro Vázquez.
" Este é un libro moi entretido que conta unha gran historia e recoméndoo moitísimo", di Noa Sánchez Carro e Lucía Villamor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario