Mostrando entradas con la etiqueta ENCONTRO CO CLUB DE A PONTENOVA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENCONTRO CO CLUB DE A PONTENOVA. Mostrar todas las entradas

26 may 2016

UNHA INESQUECIBLE XORNADA COS PIRATAS DO EO





        
 O pasado luns, 23 de maio, visitamos aos Piratas do Eo, nome do club de lectura do IES Enrique Muruais, de A Pontenova (Lugo) . A xornada, coa que completamos o encontro entre clubes deste ano, estivo repleta de actividades e resultou moi satisfactoria no referente á interacción entre os rapaces dun e outro instituto. 




     Despois dun acolledor recibimento por parte do profesorado do clube e da dirección do centro, poidemos celebrar un encontro coa escritora Sabela Núñez Singala, profesora nese instituto. Dado que os fendetestas lemos a súa novela O agasallo de Anya, o diálogo con ela resultou moi proveitoso, non só pola experiencia literaria, senón tamén pola sinceridade do seu discurso e a solidaridade dos seus proxectos. 


         Xa no patio do colexio os piratas tíñannos preparada unha curiosa carreira de coches-globo que deixou boquiaberto a máis dun! 


        Despois tocou camiñata polo pobo, para ver o Museo da Pesca (por esa zona péscase xa salmón) e os Fornos para fundir ferro que tanta actividade tiveron na primeira metade do século pasado. Para rematar celebramos un xantar conxunto, antes de voltar a Curtis. 


          
 Unha vez máis poidemos constatar que o club de lectura abre portas que nos axudan non só a entrar no mundo da ficción, senón a percorrer camiños da realidade polos que nunca andaramos ata agora. 

5 may 2016

ENCONTRO CO CLUB DE LECTURA DO IES ENRIQUE MURUAIS (A PONTENOVA)



 Onte foi un día especial para as profesoras e o alumnado que integramos o Club de lectura Fendetestas. Desde hai meses vimos programando o encontro co club do IES Enrique Muruais, de A Pontenova (Lugo), co que contactamos a través de María, a nosa orientadora,  e este luns desenvolvemos a primeira parte da actividade, deseñada para facer medrar a competencia expresiva, social e cidadá.


Para sacar un bo proveito da xuntanza, contabamos cunha serie de actividades no centro e fóra del, que agora vos contaremos.

1. Recibimento no Salón de Actos polo director do centro e por dúas alumnas veterás dentro do noso club , para explicar aos nosos convidados quen somos e en que consiste a nosa actividade ao longo do curso.


2.Organización de dous grupos con cuarenta alumnos, máis ou menos, cada un. Un deles foi á biblioteca e distribuiuse en  4 mesas de dez compoñentes, nas que se mesturaron rapaces de Curtis e de A Pontenova: alí  tiveron a oportunidade de presentarse, de falar das súas afecións e de intercambiar experiencias lectoras. Mentres, o outro grupo acudiu aos talleres do Ciclo de Automoción, onde os profesores desta modalidade lles explicaron como traballan alí: como son as súas "aulas", que aprenden a facer nese espazo os alumnos e de que maneira. Despois dun tempo, os grupos intercambiaronse. 


3. Tras un pequeno descanso, marchamos en bus a Betanzos, para percorrer a zona antiga, onde se celebra en Xullo a Feira Medieval, e para visitar o Parque Enciclopédico do Pasatempo, onde comemos xuntos. 





       A xornada foi intensa, pero o esforzo valeu a pena... Unha vez máis poidemos confirmar que o Club de Lectura non só serve para ler e para entreter, serve tamén para medrar, non só como lectores, senón tamén como persoas. 

     E agora concentramos esforzos e ilusión xa na segunda parte do encontro: o día 23 viaxamos nós á Pontenova, para retomar o contacto entre alumnado e profesoras e para seguir descubrindo, a través do club de lectura, partes da realidade que descoñecemos. 


        Quero deixar nesta entrada o agradecemento das profesoras do club Fendetestas ao profesorado de Automoción, que prestou o seu tempo e o seu saber  para que todo se desenvolvese como estaba previsto, e tamén, ás profesoras de A Pontenova, cuia implicación foi fundamental para que todo saíse ben.