Onte foi un día especial para as profesoras e o alumnado que integramos o Club de lectura Fendetestas. Desde hai meses vimos programando o encontro co club do IES Enrique Muruais, de A Pontenova (Lugo), co que contactamos a través de María, a nosa orientadora, e este luns desenvolvemos a primeira parte da actividade, deseñada para facer medrar a competencia expresiva, social e cidadá.
Para sacar un bo proveito da xuntanza, contabamos cunha serie de actividades no centro e fóra del, que agora vos contaremos.
1. Recibimento no Salón de Actos polo director do centro e por dúas alumnas veterás dentro do noso club , para explicar aos nosos convidados quen somos e en que consiste a nosa actividade ao longo do curso.
1. Recibimento no Salón de Actos polo director do centro e por dúas alumnas veterás dentro do noso club , para explicar aos nosos convidados quen somos e en que consiste a nosa actividade ao longo do curso.
2.Organización de dous grupos con cuarenta alumnos, máis ou menos, cada un. Un deles foi á biblioteca e distribuiuse en 4 mesas de dez compoñentes, nas que se mesturaron rapaces de Curtis e de A Pontenova: alí tiveron a oportunidade de presentarse, de falar das súas afecións e de intercambiar experiencias lectoras. Mentres, o outro grupo acudiu aos talleres do Ciclo de Automoción, onde os profesores desta modalidade lles explicaron como traballan alí: como son as súas "aulas", que aprenden a facer nese espazo os alumnos e de que maneira. Despois dun tempo, os grupos intercambiaronse.
3. Tras un pequeno descanso, marchamos en bus a Betanzos, para percorrer a zona antiga, onde se celebra en Xullo a Feira Medieval, e para visitar o Parque Enciclopédico do Pasatempo, onde comemos xuntos.
A xornada foi intensa, pero o esforzo valeu a pena... Unha vez máis poidemos confirmar que o Club de Lectura non só serve para ler e para entreter, serve tamén para medrar, non só como lectores, senón tamén como persoas.
E agora concentramos esforzos e ilusión xa na segunda parte do encontro: o día 23 viaxamos nós á Pontenova, para retomar o contacto entre alumnado e profesoras e para seguir descubrindo, a través do club de lectura, partes da realidade que descoñecemos.
Quero deixar nesta entrada o agradecemento das profesoras do club Fendetestas ao profesorado de Automoción, que prestou o seu tempo e o seu saber para que todo se desenvolvese como estaba previsto, e tamén, ás profesoras de A Pontenova, cuia implicación foi fundamental para que todo saíse ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario