31 may 2016

QUEN TIVESE FLORES RADIACTIVAS!


      Hoxe rematamos, outro grupo de Fendetestas de 1º de ESO, a lectura de As flores radiactivas, de A. Fernández Paz. Temos que dicir que non conseguimos que nos enganchara coma outros libros que lemos este curso...
CEMITERIOS DE RESIDUOS RADIACTIVOS

        Na tertulia falamos sobre os temas da obra, ben actuais, por certo: O ECOLOXISMO E A IMPORTANCIA DE QUE HAXA ENERXÍAS ALTERNATIVAS (vaia barbaridade se fixo coa Fosa Atlántica, verdade?), O PACIFISMO E A NECESIDADE DE SOLUCIONAR SIN FORZA NIN VIOLENCIA OS PROBLEMAS (o exército ten, a día de hoxe, outras funcións tan importantes como a puramente militar; de feito, as labores humanitarias son unha tarefa que desempeña con frecuencia), O VALOR DA INICIATIVA PERSOAL na vida, O AMOR...


   Para rematar, falamos do papel dos SÍMBOLOS na literatura: cando o escritor quere crear un argumento en torno a valores ou ideas abstractas, recorre con frecuencia a eles, materializando o inconcreto en seres ou elementos perceptibles da realidade. A. Fernández Paz emprega AS FLORES RADIACTIVAS para mostrar o DESEXO DE PAZ; Mary Shelley creou o monstro de Frankenstein para concienciar aos lectores do PERIGO DA AMBICIÓN DESMEDIDA E IRREFLEXIVA; moitos superheroes que coñecemos tamén son símbolos: Spiderman e Superman son a MAN QUE AXUDA, a SOLIDARIDADE, a PROTECCIÓN...






No hay comentarios:

Publicar un comentario