Mostrando entradas con la etiqueta Fendetestas 1º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fendetestas 1º ESO. Mostrar todas las entradas

4 feb 2015

QUERIDO HIJO: ESTÁS DESPEDIDO



 Imos falarvos dun libro de Jordi Sierra i Fabra  que está dirixido especialmente aos rapaces e rapazas da nosa idade. É unha historia un pouco incrible: un neno que, como non se porta moi ben na casa, é despedido polos seus pais.
 Na posta en común houbo moitos comentarios sobre os feitos que provocaron o despido, e todos dixemos que nos sentiamos moi identificados co protagonista. A lectura deunos pé para falar das relacións entre os pais e os fillos e  de que o castigo que lle puxeron ao neno foi un pouco inxusto e esaxerado. Algúns incluso comentaron que para ser despedido tes que estar previamente contratado, e se te botan dun traballo debes ter dereito a unha liquidación.  Bromas á parte, a verdade é que nos pareceu unha chamada de atención un pouco forte.  Os castigos son necesarios aínda que non sexan agradables, pero deben ser xustos.
O libro pareceunos moi entretido e divertido. Unha das partes que máis nos gustou  foi cando a nai lle entrega a carta de despido ao fillo. Tamén  cando  fala cun señor maior que lle axuda a solucionar o seu problema.
 Está ben claro que o autor tentou que os rapazas e rapazas que lesen o libro fixesen unha análise do seu comportamento  para que non lles  pase o mesmo. Por se acaso, nós recomendamos esta lectura aos nenos , pero se é posible que non a lean os pais (non vaia ser que collan demasiadas ideas).
Laura, Sara, Ángela, Yago,  Juan José,  Sabela,  Leonardo, Diego e Mario ( 1º ESO A- B)

23 oct 2014

VAI DE MEDO...

 




Os Fendestestas de 1º ESO chegan ao club de lectura pisando forte. Na primeira reunión do curso comentan que lles gusta  moito ler. Esperamos que ese entusiasmo se manteña e que sexan moitas as lecturas que poidamos compartir.
 Achégase a celebración do Samaín, Halloween, Defuntos... unha data especial que nos introduce na temática do  misterio e do sobrenatural. O libro escollido para mergullarnos no descoñecido é unha selección de contos de autores clásicos cun tema común: as pantasmas. Trátase de Relatos de pantasmas de Steven  Zorn.
 Agardamos impacientes a seguinte reunión  e aproveitamos para dar a benvida ao club aos novos membros.

2 nov 2011

OS NOVOS FENDETESTAS DE 1º DE ESO SAÚDANVOS

Somos un grupo de alumnos aos que nos gusta ler.Agora somos xa fendetestas. Buscamos ler, comentar, rir, distraernos, pensar... Comenzamos lendo relatos clásicos e actuais. Agora estamos a ler un relato de Poe: El corazón delator . Se queredes podedes ser os nosos compañeiros de lectura.