Imos falarvos dun libro de Jordi
Sierra i Fabra que está dirixido
especialmente aos rapaces e rapazas da nosa idade. É unha historia un pouco
incrible: un neno que, como non se porta moi ben na casa, é despedido polos
seus pais.
Na posta en común houbo moitos comentarios
sobre os feitos que provocaron o despido, e todos dixemos que nos sentiamos
moi identificados co protagonista. A lectura deunos pé para falar das relacións entre os pais e os
fillos e de que o castigo que lle puxeron
ao neno foi un pouco inxusto e
esaxerado. Algúns incluso comentaron que para ser despedido tes que estar
previamente contratado, e se te botan dun traballo debes ter dereito a unha
liquidación. Bromas á parte, a verdade é
que nos pareceu unha chamada de atención un pouco forte. Os castigos son necesarios aínda que non
sexan agradables, pero deben ser xustos.
O libro pareceunos moi entretido
e divertido. Unha das partes que máis nos gustou foi cando a nai lle entrega a carta de
despido ao fillo. Tamén cando fala cun señor maior que lle axuda a solucionar o seu problema.
Está ben claro que o autor tentou que os
rapazas e rapazas que lesen o libro fixesen unha análise do seu
comportamento para que non lles pase o mesmo. Por se acaso, nós recomendamos
esta lectura aos nenos , pero se é posible que non a lean os pais (non vaia ser
que collan demasiadas ideas).
Laura, Sara, Ángela, Yago, Juan José,
Sabela, Leonardo, Diego e Mario (
1º ESO A- B)
No hay comentarios:
Publicar un comentario