Mostrando entradas con la etiqueta Malos tempos para os fantasmas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Malos tempos para os fantasmas. Mostrar todas las entradas

21 may 2021

MALOS TEMPOS PARA OS FANTASMAS

 

O alumnado do Club de Lectura de 1º ESO A escolleu como lectura para o segundo trimestre Malos tempos para os fantasmas, de Agustín Fernández Paz. A obra encantoulles e sentíronse moi identificados coa protagonista, Marta, unha rapaza de once anos que debe enfrontarse a cambios profundos para os que aínda non está preparada. Nesta nova etapa non estará soa, conta coa axuda dunha pantasma que, por medio de mensaxes a través do ordenador, lle axudará a adaptarse e asimilar a nova situación.

O alumnado usou o Whatsapp como canle actual de comunicación para expresar a súa opinión sobre o libro.


Reflexión de Lorena e Alexandra.

Reflexión de Nerea, Iria e Juan.

Versión dunha conversa de Marta con Fan ( protagonistas do libro) realizada por Xabier e Nicolás.