O alumnado do Club de Lectura de 1º ESO A escolleu como lectura para o segundo trimestre Malos tempos para os fantasmas, de Agustín Fernández Paz. A obra encantoulles e sentíronse moi identificados coa protagonista, Marta, unha rapaza de once anos que debe enfrontarse a cambios profundos para os que aínda non está preparada. Nesta nova etapa non estará soa, conta coa axuda dunha pantasma que, por medio de mensaxes a través do ordenador, lle axudará a adaptarse e asimilar a nova situación.
O alumnado usou o Whatsapp como canle actual de comunicación para expresar a súa opinión sobre o libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario