10 abr 2025

SOBRE A NAI E MEMORIA DO SILENCIO

      

    O pasado 21 de marzo o alumnado de 4º ESO e 1º BACH puido asistir á representación teatral da obra A Nai a cargo da compañía Amorodio.


 

    O guión da obra teatral está baseado na historia das tres  irmás Touza. Estas tres mulleres (Lola, Julia e Amparo) de Rivadavia salvaron a uns cincocentos xudeos do Holocausto  nazi axudándoos a cruzar a fronteira a Portugal. As vidas destas valentes mulleres deron  pé para reflexionar sobre a crueldade das guerras e a importancia da solidariedade. A súa fazaña foi novelada no libro Memoria do silencio de Eva Mejuto.


 

Velaquí unha recensión realizada por Daniela Meijide (4º ESO) sobre o libro de Eva Mejuto.

 

 A obra titulada Memoria do Silencio foi escrita pola autora Eva Mejuto e publicada pola editorial Xerais na colección Fóra de xogo no ano 2019.

Eva Mejuto é unha escritora que naceu en Sanxenxo no ano 1975 e que estudou Xornalismo na USC. Traballou no sector editorial infantil e actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É docente no master Libro Ilustrado e Animación da Universidade de Vigo e autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados e traducidas a máis de dez idiomas.

Esta obra é unha novela dirixida ao público xuvenil. Conta cun narrador en terceira persoa omnisciente que todo o sabe acerca dos personaxes. Os principais son Günter, as irmás Lola, Amparo e Xulia, e Frieda; cada un deles son os protagonistas das súas propias historias, que están narradas por separado pero que rematan cun final que as conecta. O relato está situado na ditadura franquista e a Alemaña nazi á altura dos anos 1940/1950. Trata, como xa dixen, de tres historias que aínda que teñan lugar en distintos sitios do mundo acaban por atoparse no mesmo, en Galicia. Unha delas é a de Günter, un neno alemán ao que dende pequeno o seu pai lle inculcou que el estaba destinado a facer cousas moi grandes polo seu país e terminou por alistarse no exército. Outra é a das tres irmás: Lola, Amparo e Xulia, que levaban un pequeno negocio ao lado da estación en Rivadabia e axudaban aos xudeus a cruzar a fronteira. E, a última pero non menos importante, a de Frieda, unha muller á que lle morreron todos os seus familiares próximos por distintos motivos e que emprendeu unha longa viaxe dende Holanda ata América como destino. O tema deste libro é o sufrimento que non se ve no campo de batalla, o que se atopa nas casas e a solidariedade da xente que axuda aos demais sen esperar nada a cambio.

Memorias do Silencio é unha obra coa que a autora logrou dar visión ao enorme traballo que facía a xente dos pobos polos demais. Reflíctese perfectamente coa historia das tres irmás, pois elas (xunto tres homes máis) foron quen axudaron, neste caso, aos xudeus a escapar dunha morte segura.  Ademais de enaltecer a valentía das irmás tamén aparece no relato a traizón, concretamente a través da historia de Günter e a forza de vontade para ser capaz de saír adiante sen importar os obstáculos que se presenten coma foi o caso de Frieda.

Penso que é un libro que pode gustar a calquera tipo de público, tanto ao xuvenil coma ao adulto. O libro fainos pensar sobre moitos aspectos da vida e reflexionar sobre o milleiro de cousas polas que debemos de estar agradecidos. Recomendo moito esta lectura, xa non só porque me gustara, senón porque realmente merece a pena  descubrir o que verdadeiramente hai detrás de moitos acontecementos bélicos.


3 abr 2025

A VIAXE DO HEROE








O 25 de Marzo, coincidindo co Día Internacional de Leer a Tolkien, https://www.sociedadtolkien.org/blog/2025/03/10/dia-internacional-de-leer-a-tolkien-2025/  e como parte da Semana Cultural do Instituto, os profesores Jesús Iglesias do Departamento de Inglés, e Alfredo Lata do Departamento de Filosofía, impartiron unha charla a cerca da estrutura narrativa chamada "A Viaxe do Heroe", tal e como a describe o famoso mitólogo Joseph Campbell. Dita conferencia é o eixe central do Clube de Lectura do Curso 2ºESO A, en correspondencia cos libros lidos "O Hobbit: Historia dunha ida e unha volta" de J.R.R. Tolkien e "Harry Potter e a Pedra Filosofal" de J.K. Rowling.

 


 

A conferencia comezou por asimilar dita estrutura ao camiño espiritual interior dos peregrinos a Santiago de Compostela, afondando na orixe da estrutura na vida mesma de cada persoa, e como dita estrutura se reflicte xa nas primeiras civilizacións, como por exemplo no Libro Exipcio dos Mortos e a súa supervivencia no tempo a través de diversos medios, tan peculiares como as cartas do Tarot.

 

 

 

Na conferencia proxectáronse dous vídeos curtos: un fragmento dunha entrevista ao propio Campbell sobre o mito moderno de "A Guerra das Galaxias" de George Lucas, e unha animación describindo as etapas do camiño do heroe e a súa aplicabilidade á vida cotiá de cada persoa.

 


 

A continuación estudamos por medio de diapositivas as diferentes etapas da viaxe do heroe mediante imaxes das adaptacións cinematográficas e ilustracións de tres exemplos paradigmáticos: "O Hobbit", "Harry Potter" e "A Guerra das Galaxias". Ditas diapositivas foron comentadas polos profesores afondando nos aspectos filosóficos, literarios e éticos dos mesmos, e con achega dos alumnado, especialmente dos membros do Clube de Lectura.





27 mar 2025

CONOCIENDO A ABAD, A BARROSO Y A LOS CHICOS DE LA ALGALIA...

 

     El alumnado del Club de Lectura de 1º de bachillerato, tras leer El hombre que mató a Antía Morgade, de Arantza Portabales y  haciendo uso de las herramientas que facilita la IA ha creado este interesantísimo vídeo sobre la autora y sobre los diferentes personajes que habitan en la novela. ¡Esperamos que os guste! 







26 mar 2025

LENDO E ESCOITANDO POESÍA

      Dentro do programa de actividades da Semana Cultural do IES de Curtis contamos coa presenza de Lúa Mosquetera que nos achegou a unha particular maneira de entender a poesía.


     A actividade foi un éxito e o alumnado puido desfrutar do recitado de poemas do seu libro Espíderman acompañados dos sons da guitarra de Pablo Seixas.


     Dámoslle as grazas a Lúa pola súa espontaneidade e por facernos ver que a poesía non é para nada aburrida.

24 mar 2025

VÍDEO RECENSIÓN SOBRE O HOME QUE MATOU A ANTÍA MORGADE

     O esperado encontro coa novelista Arantxa Portabales ten que se adiar ao vindeiro luns por un imprevisto. Aquí a agardamos, cheos de interese por escoitala.

    Mentres tanto e para que vaiades facendo boca,  aquí vos deixamos a recensión en formato audiovisual que veñen de facer dúas alumnas de 1º de bacharelato sobre O home que matou a Antía Morgade, de Arantxa Portabales. 

Escoitádea, merece a pena! 



22 mar 2025

DIÁRIO DE UMA TOTÓ

 

Durante este segundo trimestre do curso no Club de Leitura de Português estivemos a ler Diário de uma Totó de  Rachel Renée Russel. A experiência leitora do ano passado com Diário de um banana de Jeff Kinney foi muito boa e essa foi uma das razões pelas que escolhemos este livro.

 

Diário de uma Totó conta a história de uma menina chamada Nikki. Ela escreve tudo no seu diário, fala da família, amigas... sempre com muita imaginação e diversão. Um dia o seu diário desapareceu e ela entrou em pânico, com medo de que alguém o lesse. Ela contou-lho as suas amigas e empeçaram a busca-lo, enfrentando situações engraçadas e também aprendendo alguma lição bem interessante.

 

Alguns dos comentários dos leitores e leitoras de 3º ESO foram os seguintes:

Gostamos muito do Diário de uma Totó, porque é muito fácil e rápido de ler. As histórias que conta a Nikki são muito engraçadas. Pareceu-nos muito divertida a parte quando entram no balneário dos rapazes para buscar o seu diário perdido ou quando a Nikki está em casa e a Brianna lho devolve. Outra cena que nos pareceu bem curiosa foi quando esteve a tentar atopa-lo no lixo.

 

 O livro é doado de ler já que não emprega um vocabulário complicado e conta histórias muito próximas a nós que lhe podem passar a miúdos da nossa idade. Ademais tem muitos desenhos e espaços em branco para poder escrevermos também lá o nosso diário.

  Neste link pode-se consultar o Vocabulário

 

Xiana, Sara, Noa, Alba e Antón ( 3º ESO A e B)

17 mar 2025

DESPOIS DE LERMOS WONDER

 

Nesta semana rematamos xa a lectura de Wonder, de J.L. Palacio no club de lectura de 1º ESO A. Toca, pois, reunirnos para facer coloquio arredor desta marabillosa novela onde podemos ver onde reside a valía das persoas e ata onde pode chegar a crueldade humana na convivencia cotiá. 



Manexaremos, dentro da reunión, o seguinte documento, cheo de curiosidades ben interesantes: 

AFONDANDO NA NOVELA