20 may 2011

A RISA AMARGA DE FERNANDO ARRABAL



Xa estamos rematando Pic-Nic, de Fernando Arrabal: é unha obra que nos atrae moito, algo ten por aí,
entre liñas, que fai desta peza algo pouco común. Quizáis sin propoñerse tal cousa, Arrabal conseguiu dicir unha morea de cousas nun diálogo ben sinxelo, polo menos a primeira vista. Buscamos no libro todas as situacións cómicas e absurdas, e agora estamos a profundizar nelas. Por que Zapo chama ao seu superior ao inicio do combate? Teñen roles iguais o señor e a señora Tepán? Por que Zapo e Zepo teñen eses nomes tan parecidos? Por que a súa relación, sendo inimigos, é tan cordial? Como foron parar ao campo de batalla? Por que a música que se escoita é un pasodobre? Que importancia teñen os efectos acústicos na obra?
 A solución a todos estes enigmas, na próxima entrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario