19 nov 2015

A PORTA DO ALÉN



 Os Fendetestas de 2º  ESO comezamos o curso cunhas lecturas terroríficas: a primeira foi “A porta do alén” relato incluído no  libro As fronteiras do medo de Agustín Fernández Paz. Nas sesións que tivemos para comentar o conto e intercambiar impresións falamos  da noite do Samaín e  relacionámola   co Halloween e  coa crenza de que nesa noite máxica os mortos compartían espazo cos vivos (por iso en moitas casas  se pon  a mesa para os defuntos da familia). Isto chamounos moito a  atención, pero o que máis nos sorprendeu a todos foi o final do conto que nos pareceu moi logrado e totalmente desacougante. Tamén sinalamos que o autor consegue crear unha intriga (adictiva) que vai medrando ao ir avanzando na lectura ata chegar a ese final inesperado.  Outra cuestión que nos interesou foi o tema da inmortalidade;  lembrounos unha serie que se emitiu este verán na televisión que se chamaba Forever.  Está claro que o Máis Alá  e a relación entre a vida e a morte son temas   que a todos nos interesan aínda que nos dan un chisco de respecto.

Non vos contamos máis; é unha lectura que recomendamos a todos os que lles guste o misterio e as historias sobrenaturais. E falando de ler e de gustar, ímosvos contar por que nos gusta ler a nós:

  















Sabela: Ler reláxame moito, fomenta a miña imaxinación e tamén me axuda a conciliar o sono.
 Mario: Leo porque me gusta moito o misterio e  me estimula para aprender cousas novas.
Juan José: A lectura  ábreme a porta a un mundo onde imaxino cousas surrealistas.
Iago: Gústame ler porque despois teño soños moi fermosos.
Ángela: Leo porque así non penso.
Laura: Atráeme a lectura porque me leva a mundos diferentes.
Christian e Diego: Lemos para non aburrirnos.
Raúl: Leo porque me distrae doutras cousas que non me gustan, por exemplo, os exames.
Leonardo: A lectura relaxáme moito e iso agrádame.
Begoña: Gústame ler porque a través dos libros podo coñecer historias doutras persoas, culturas… 
E,  vós... por que ledes?

No hay comentarios:

Publicar un comentario