O libro Pioneiras de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz gustoume moito porque fala das mulleres que abriron camiño en Galicia. De todas elas, a que máis me chamou a atención foi Celia Rivas, a primeira muller condutora dun camión. Os homes tiñan a mente pechada e pensaban que era ridículo que unha muller conducira un camión pero ela seguiu no seu empeño demostrando o seu valor e que podía facelo como calquera deles.
Meryem Belhaddad
Meryem
tamén quere que coñezamos unha muller pioneira do seu país. A escollida é FATIMA MERNISSI, unha das mulleres máis relevantes da intelectualidade do mundo árabe.
Nada na cidade marroquí de Fez en 1940 e finada en Rabat en 2015, foi unha
escritora e socióloga feminista que dedicou a súa obra a estudar a condición da
muller no mundo musulmán. Destacou a
necesidade de reconstruír a sociedade cuestionando o modelo patriarcal e esixindo
reformas sociais, políticas e relixiosas para reivindicar os dereitos das
mulleres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario