O curioso incidente do can á media noite é unha novela xuvenil de Mark Haddon, ilustrador, guionista e escritor británico, autor de libros infantís como Un pequeno inconveniente. Ademais, Haddon traballou con persoas que padecían discapacidades físicas e mentais, adquirindo así coñecementos sobre o tema, que despois aplicaría nos seus libros.
Esta novela trata sobre o autismo, xa que a obra está escrita desde a perspectiva dunha persoa que sofre esta enfermidade. Christopher é un adolescente que intenta descubrir quen matou a Wellington, o can da veciña. Para iso, decide investigar o caso, e mentres, escribe un libro coas pistas que vai atopando. Pero a investigación vese interrompida cando o seu pai lle quita o libro, polo que Christopher intenta buscalo, ata atopalo nun armario. Aí tamén acha unhas cartas que lle enviou súa nai, que supostamente falecera. Ao saber que ela estaba viva, Christopher decide marchar da casa , e emprende unha “aventura” na cal aprende a superarse enfrontándose a diversas dificultades. Como temas secundarios aparecen tamén o misterio da morte do can e as relacións persoais.
O personaxe máis destacable da novela é un rapaz autista, que ademais de ser o protagonista, tamén é o narrador da historia. A peculiaridade deste é que, ao padecer unha discapacidade, o lector pode facerse unha idea de como percibe a realidade unha persoa que a posúe, e as dificultades e retos que lle supón no día a día. Ademais, este pode comparalo coa súa forma de ver a realidade, e darse conta de como o que para unha persoa sen ningún tipo de discapacidade é algo normal, para outra pode supoñer un gran reto.
Persoalmente gustoume bastante esta novela, aínda nun principio resulta sorprendente o feito de que o narrador sexa “peculiar” . Ademais de que é un trazo que non se pode deducir lendo o título da obra. Por outra parte, isto desemboca nunha aprendizaxe sobre o autismo dunha maneira diferente e entretida, polo que creo que é unha obra que recomendaría a calquera.
Nuria Gómez (2º Bach A)
No hay comentarios:
Publicar un comentario