Mostrando entradas con la etiqueta Ruben Ruibal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ruben Ruibal. Mostrar todas las entradas

21 jun 2011

ENCONTRO CON RUBÉN RUIBAL

Para rematar cos encontros dos Fendetestas neste curso 2010-11, o grupo de 4º ESO poido falar na mañán de hoxe, xoves, 21 de xuño, co autor de Limpeza de sangue, Rubén Ruibal, que, moi xenerosamente, accedeu a visitar a nosa biblioteca Sarmiento para falarnos do seu labor teatral e da xénese e intencionalidade da obra que lemos nos club.
Nun ambiente distendido, falounos do seu gusto polo xénero dramático, da súa traxectoria profesional e entrou connosco no mundo de Limpeza de sangue. Falounos das súas fontes á hora de crear a obra, moitas delas recordos biográficos, da súa intención crítica cunha sociedade de cor rosa... e do papel cambiante do enfoque de quen escribe, según o faga nunha época ou noutra, segundo as súas experiencias vitais...
Deixounos ideas que nos farán cavilar: un escritor crearía  a mesma obra se o fixera dez anos antes ou despois? Por que resulta máis complexo escribir teatro que narrativa?...

 Unha vez máis tivemos a sorte de ver como a literatura cobra vida na nosa biblioteca a través das palabras de quen a fai.



2 jun 2011

QUE ATOPAMOS EN LIMPEZA DE SANGUE?




Os fendetestas de 4º  ESO estamos, nesta semana, a falar de Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal ( a obra recibiu o Premio Alvaro Cunqueiro, o Premio Nacional de Teatro e recentemente o María Casares). Empezamos falando da natureza teatral do texto (acotacións, decoro dos personaxes...) e pouco a pouco estamos entrando na visión da sociedade actual que pon ante os nosos ollos o autor: o mundo suburbial, o deficiente funcionamento da sanidade, a corrupción inmobiliaria... O certo é que non se salva ninguén do ollo crítico -en realidade a sociedade actual é así?- de Ruibal. Irémonos mergullando pouco a pouco na mensaxe do autor, ao tempo que falamos do seu mestre, Roberto Vidal Bolaño, e da renovación teatral galega nas últimas décadas.
Por certo, a obra foi levada a escena este ano pola compañía Espello Cóncavo e garda certa relación co film Doentes, de plena actualidade, inspirado na obra homónima de Vidal Bolaño. Mostrámosvos a foto do reparto.