21 jun 2011

ENCONTRO CON RUBÉN RUIBAL

Para rematar cos encontros dos Fendetestas neste curso 2010-11, o grupo de 4º ESO poido falar na mañán de hoxe, xoves, 21 de xuño, co autor de Limpeza de sangue, Rubén Ruibal, que, moi xenerosamente, accedeu a visitar a nosa biblioteca Sarmiento para falarnos do seu labor teatral e da xénese e intencionalidade da obra que lemos nos club.
Nun ambiente distendido, falounos do seu gusto polo xénero dramático, da súa traxectoria profesional e entrou connosco no mundo de Limpeza de sangue. Falounos das súas fontes á hora de crear a obra, moitas delas recordos biográficos, da súa intención crítica cunha sociedade de cor rosa... e do papel cambiante do enfoque de quen escribe, según o faga nunha época ou noutra, segundo as súas experiencias vitais...
Deixounos ideas que nos farán cavilar: un escritor crearía  a mesma obra se o fixera dez anos antes ou despois? Por que resulta máis complexo escribir teatro que narrativa?...

 Unha vez máis tivemos a sorte de ver como a literatura cobra vida na nosa biblioteca a través das palabras de quen a fai.



No hay comentarios:

Publicar un comentario