Os fendetestas de 4º ESO estamos, nesta semana, a falar de Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal ( a obra recibiu o Premio Alvaro Cunqueiro, o Premio Nacional de Teatro e recentemente o María Casares). Empezamos falando da natureza teatral do texto (acotacións, decoro dos personaxes...) e pouco a pouco estamos entrando na visión da sociedade actual que pon ante os nosos ollos o autor: o mundo suburbial, o deficiente funcionamento da sanidade, a corrupción inmobiliaria... O certo é que non se salva ninguén do ollo crítico -en realidade a sociedade actual é así?- de Ruibal. Irémonos mergullando pouco a pouco na mensaxe do autor, ao tempo que falamos do seu mestre, Roberto Vidal Bolaño, e da renovación teatral galega nas últimas décadas.
Por certo, a obra foi levada a escena este ano pola compañía Espello Cóncavo e garda certa relación co film Doentes, de plena actualidade, inspirado na obra homónima de Vidal Bolaño. Mostrámosvos a foto do reparto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario