7 feb 2016

OS NENOS E AS GUERRAS

Vimos de conmemorar o Día da Paz, celebración internacional que este ano se ve condicionada polas  imaxes dos refuxiados que chegan a Europa golpeando as nosas conciencias e poñendo a proba a solidariedade. Dende o club de lectura pareceunos axeitado deixar a nosa pegada cunha revisión dunha das obras  máis coñecidas entre as moitísimas que tratan a temática da 2ª Guerra Mundial. Non sabemos quen son os culpables das guerras pero é ben doado identificar ás vítimas.


O NENO DO PIXAMA DE RAIAS 


 Esta novela de John Boyne foi publicada en  2007 en Irlanda, país onde naceu o autor. 
O título non revela nada do que vai ser o contido, pero a medida que  vas lendo decátaste de que a historia que se conta é moi triste, xa que o neno protagonista  non é consciente da traxedia que pasa ao seu redor. A min a lectura deste libro tróuxome  imaxes que xamais se me borrarán. Todo o que lles fixeron os nazis aos xudeus na 2ª Guerra Mundial pareceume tremendo.

Bruno, o protagonista desta historia ambientada en 1941, ten nove anos. É fillo dun comandante alemán. Vive cos seus pais e a  súa irmá en Berlín. Debido ao traballo do seu pai deben mudarse a un lugar chamado Auschwitz. Bruno anóxase cos seus pais porque ten que abandonar aos seus amigos  e  porque no lugar a onde van non coñece a ninguén. Desde a súa nova habitación ve a unhas persoas cun pixama detrás dunha valla: eran xudeus recluídos nun campo de concentración.   Sen que os seus pais se decaten comeza a falar cun neno chamado Shmuel ao que vai a ver todas as tardes. Os pais de Bruno decátanse de  que este ten piollos e deciden raparlle a cabeza. O rapaz quería cruzar ao outro lado da valla de arame para pode xogar co seu novo  amigo polo que puxo un pixama de raias para pasar desapercibido. Todo ía  ben ata que…
                                                                                                LEONARDO RÍOS VARELA






No hay comentarios:

Publicar un comentario