E, xa para rematar, dúas recensións máis, dos rapaces e rapazas de 2º de ESO, sobre novelas de F. Lalana. Animádevos: a intriga e o suspense están garantidas!
O gran empresario Serafín Galindo morre en estrañas circunstancias. Gumersindo, un amigo de Fermín Escartín encárgalle ao detective a investigación do crime no nome da aseguradora para a que traballa.
Este libro gustounos moito porque ten un ritmo trepidante. É unha trama que, dende o principio desconcerta ao lector, sobre todo pola orde dos capítulos. Ademais a intriga de saber que pasou realmente fai que sigas lendo sen poder parar. O personaxe de Elisa Lobos, a asasina a soldo, pareceunos sorprendente e moi interesante.
Neste libro Fernando Lalana cóntanos a historia de catro persoas moi ricas que deciden facer unha pluma única. Cando rematan organizan unha gran festa na que é a pluma é roubada. Fermín Escartín será o encargado de recuperala e de descubrir o enigma que encerra.
O libro conta unha historia ben interesante sobre todo polo xeito que ten o autor de narrala. Unha das partes que máis nos gustou foi cando a pluma é roubada e todo o misterio que leva consigo a desaparición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario