30 ene 2020
28 ene 2020
75 ANOS DA LIBERACIÓN DE AUSCHWITZ
O 27 de xaneiro de 1945 produciuse a liberación dos
prisioneiros do campo de concentración
e exterminio de Auschwitz
(Polonia). Alí morreron máis dun millón de persoas nas cámaras de gas, por inanición ou torturas.
75 anos despois segue a ser necesario reinvidicar a memoria
das vítimas para que esta páxina tan terrible da historia da humanidade nunca
se volva a repetir. As múltiples historias que compartimos a través do club de lectura colaboran nesa imprescindible tarefa.
24 ene 2020
EL MONSTRUO DE FRANKENSTEIN SIGUE AQUÍ...
Después de haber disfrutado con los Relatos escalofriantes de Roalh Dahl, hemos dedicado las últimas semanas de 2019 y las primeras del nuevo año a profundizar un poco más en el mundo del misterio, con el que nos encontramos, en 2º de ESO, muy cómodos. Y lo hemos hecho leyendo una adaptación gráfica de Frankenstein, de M. Shelley.
A pesar de ser una historia creada en el siglo XIX, nos pone delante muchos temas que siguen de actualidad:
- Ambición humana de crear vida
- Desprecio hacia lo diferente
- Abandono de aquellos que dependen de alguien
- Necesidad de amar y ser amado
Pobre monstruo! Se convirtió en verdugo por ser una víctima enorme...

Y hablando de monstruos, aprovechamos para hacer un pequeño recorrido por su presencia en la literatura y en el cine. ¿ Quién no ha oído hablar alguna vez de Medusa, Sirenas, el Chupacabras, Drácula, el monstruo del Lago Ness, Freddy Krueger, Jason, Pennywise...
Ya para terminar, os dejamos aquí el enlace a un episodio de los Simpson donde se rinde un pequeño tributo, desde la visión humorística, al mito de Frankenstein:
https://www.youtube.com/watch?v=U8csCK1sLCU (PARTE 1)
https://www.youtube.com/watch?v=jz3Ya1idTrs (PARTE 2)
https://www.youtube.com/watch?v=YlLlena8Kww (PARTE 3)
Pablo, Julián, Raúl y Enzo, lectores de 2º del club (2º A)
19 dic 2019
ASESINATO EN EL ORIENT EXPRESS
Poirot, un detective
belga, decide subir al Orient Express, un tren que en invierno suele
ir vacío, pero va lleno y su amigo Bouc, director de la línea, le
consigue un sitio para que pueda viajar en él e ir a Reino Unido.
Al día siguiente, el
detective es trasladando a otro compartimento más cómodo, junto al
de un señor llamado Ratchet, al que se encuentra después y este le
dice que tiene que protegerlo, que alguien lo quiere matar, pero
Poirot se niega. Esa noche el detective no duerme muy bien, porque
oye algunos ruidos y a los pasajeros llamando al encargado del tren;
además este se ha parado debido a la nieve, que le impide el paso.
A la mañana siguiente,
se encuentran al estadounidense muerto, y el detective acepta el caso
para no tener problemas con la policía yugoslava. Van al lugar del
asesinato y descubren que la víctima, en realidad, se llama Cassetti
y es un mafioso, que raptó y asesinó a Daisy Armstrong; y que fue
apuñalado doce veces. Pero lo que desconcierta al detective es que
las puñaladas son diferentes. A partir de este momento, todos los
pasajeros son sospechosos y Poirot comienza a interrogarlos.
Después de los
interrogatorios, comienza a analizar todo lo que se ha dicho, y se da
cuenta de que hay muchas pruebas en la escena del crimen. Piensa que
pueden ser para distraerlo y que todos mienten.
Tras reflexionar sobre
todo lo sucedido, encuentra dos soluciones al caso: la primera
solución es que un mafioso se subió al tren y se disfrazó, mató a
Cassetti y después huyó por la ventana. Esta versión no involucra
a ningún pasajero. La segunda es que todos los pasajeros están
involucrados y que el asesinato había sido planeado con
anterioridad; todos pertenecen o han estado en la familia Armstrong,
por lo que quieren vengar la muerte de la pequeña Daisy. Para eso se
juntan y deciden matarlo entre los doce, por lo que de noche, lo
envenenan y cada uno le da una puñalada, de ahí que todas tengan
diferente intensidad .
Finalmente, Poirot opta
por presentar a las autoridades yugoslavas la primera solución,
salvando así a los doce relacionados con el trágico suceso.
En mi opinión, la obra
está muy bien, porque usualmente en las novelas de misterio y
asesinatos, el autor siempre va dando ciertas pistas que llevan al
lector a decantarse por un personaje en concreto; pero Agatha
Christie juega a involucrar a todos los personajes, lo que dificulta
que pienses en un asesino en concreto. Habitualmente sus obras
provocan una reacción sorprendente al final, al menos en mi caso, ya
que lo que menos esperaba es que todos los viajeros estuviesen
involucrados en la muerte del mafioso.
Además, para reforzar
mi opinión, vi las tres películas basadas es este famoso libro. En
ellas se pueden apreciar diferentes cambios, aunque unas se parecen
más que otras a la historia original. Una de las diferencias más
destacadas es el comienzo de la historia, ya que en la película
dirigida por Kenneth Branagh muestra un fragmento del caso anterior
de Poirot; otra, dirigida por Sidney Lumet, centra su comienzo en el
caso Armstrong, lo que ayuda en cierto modo a unir cabos con lo que
sucede posteriormente; y, la más antigua, realizada por Philip
Martin, tiene un comienzo parecido al libro. También hay pequeñas
diferencias respecto al físico y la personalidad de los personajes,
pero no destacan mucho, excepto el personaje de Hércules Poirot. En
las películas más antiguas aparece como un señor con bigote, bajo
y con barriga; en una de ellas tiene un carácter muy serio mientras
en la otra se representa como un señor más simpático. En la
película dirigida por Branagh, el personaje cambia radicalmente, ya
que se muestra como un señor alto, delgado, con carácter serio y
muy meticuloso. En relación con el resto de la historia, hay cambios
significativos, por ejemplo la manera en que matan a Cassetti o que
en la película se muestra un dinero para la fundación Armstrong,
aspecto que no se menciona en el libro.
Nuria Gómez Gómez 4º
ESO
ENDEREZO DESCOÑECIDO
En menos de 70
páxinas, Katherine Kressman, amósanos como a gran amizade
existente entre Martin Schulse (alemán) e Max Eisenstein,
estadounidense de orixe xudía, se desfai á par que avanza o
nazismo. As vidas dos dous amigos, socios nunha galería de arte en
California, experimentan un gran cambio cando o primeiro deles
decide regresar á súa Alemaña natal. A correspondencia que
manteñen dende 1932 ata 1934 vainos narrando o ascenso ao poder de
Hitler e a progresiva manipulación ideolóxica que desembocou no
terrible holocausto nazi.
Os Fendetestas de 3º
da ESO comezaron a lectura de Enderezo descoñecido atraídos
pola brevidade da obra e sen demasiadas expectativas de atopar unha
historia interesante. Ao pequeno desconcerto das primeiras páxinas
seguiu unha lectura intensa e emocionante que logrou sorprender,
conmover e tamén indignar.
Na sesión que lle
dedicamos a comentar o libro de Katherine Kressman contextualizamos
a época histórica onde se desenvolve a trama falando da chegada ao
poder de Hitler. Lembramos como despois dunha época de crise
económica el capitalizou o descontento xeralizado na sociedade alemá
e foi elixido como Führer. O libro, utilizando o intercambio
epistolar entre os dous amigos, trasládanos aos momentos previos á
chegada ao poder do nazismo con Adolf Hitler á cabeza. A acción
sitúase na fase final do período de entreguerras tratando de saír
da fase da Gran Depresión. Nos EE.UU, despois dun período de
bonanza económica, estala a peor crise económica da súa historia,
tras o crack de Wall Street en 1929. Mentres, Alemaña continúa
asfixiada economicamente e humillada moralmente polos tratados de paz
da I Guerra Mundial. Desemprego, fame e miseria teñen atenazados aos
alemáns que ven a solución aos seus problemas en Adolf Hitler.
Tamén comentamos o
significado da palabra Holocausto e como pasou a asociarse coa
matanza masiva de seres humanos e a ser escrito con maiúsculas
despois da II Guerra Mundial. Para darnos unha idea da dimensión da
traxedia incorporamos o dato do número de xudeus que foron
asasinados nas cámaras de gas: uns seis millóns de persoas (máis
do dobre da poboación actual de Galicia). De todos os xeitos este é
un dato aproximado, pénsase que é posible que o número aumente ata
os once millóns de falecidos.
Despois de
contextualizar historicamente a época procedemos a comentar as
impresións que a lectura do libro nos deixou. Algúns apuntaron que
ao comezo non entendían moi ben a relación entre os dous personaxes
pero, a medida que ía avanzando a narración fóronse enganchando
coa trama. Cando Martin lle di a Max que non quere seguir
intercambiando cartas con el polos problemas que lle pode carrexar a
súa amizade cun xudeu este non entende o cambio de actitude do seu
amigo. A evolución do pensamento de Martin e a crueldade coa que se
comportou con Griselle (a irmá de Max) deixándoa soa ante a súa
tráxica sorte provocan un xiro radical. Max comeza a enviarlle unhas
mensaxes aparentemente encriptadas para facer crer á censura que o
alemán era un traidor. Segundo avanzamos na lectura decatámonos da
facilidade de manipulación ideolóxica deste novo líder político
que acabará arrastrando a medio mundo a unha nova guerra mundial que
deixará unha fonda pegada na historia da humanidade con feitos como
o Holocausto xudeu.
Respecto ao final as
opinións foron bastante unánimes: en xeral agradou que se fixese
xustiza e que Martin tivese o castigo merecido polo seu cruel e
insensible comportamento. De todos os xeitos, algúns comentaron que
lles gustaría saber exactamente cal foi o seu destino e se sufriría
na mesma medida que el causou sufrimento coa súa actitude. A
omisión de axuda a Griselle, a irmá de Max, foi o detonante que
marcou o seu alienamento coa causa nazi na súa persecución contra
os xudeus. A decepción e a imposibilidade para comprender o seu
xeito de actuar foron outro dos aspectos que provocaron máis
comentarios.
Para rematar podemos dicir que Enderezo
descoñecido nos
pareceu unha obra moi expresiva, porque consegue, en poucas paxinas,
contar unha historia moi completa e amosarnos a personalidade dos
personaxes.
Recollemos algunhas
impresións sobre o libro:
Escollín
este libro porque tiña moito interese en saber o que pasara na
Segunda Guerra Mundial. Ademais chamoume moito a atención o título
e a data en que foi publicado. Para min foi unha lectura
interesante, entretida, emocionante, triste e intrigante.
Ánxela
Roca
Este
libro pareceume emocionante a pesar da súa brevidade, porque, aínda
que é moi curto, logra poñerte en tensión, enfadarte e sobre todo
entristecerte. Pareceume moi interesante
ver a través das cartas como o personaxe de Martin vai modificando
a súa maneira de pensar e acaba odiando ao seu mellor amigo e
incluso deixando que maten á súa irmá.
Nuno
Couso
16 dic 2019
EL NIÑO EN LA CIMA DE LA MONTAÑA
Os Fendetestas de 2º de ESO escolleron para este primeiro trimestre do curso a novela de John Boyne que leva por título El niño en la cima de la montaña. A elección estivo condicionada pola lectura o curso anterior da famosa novela do mesmo autor O neno co pixama a raias.
El niño en la
cima de la montaña
cóntanos a historia de Pierrot, un neno que pasa os primeiros anos
de vida en Paris onde vive coa súa nai viúva, xa que o pai (un
soldado alemán) morrera nun accidente de tren. Alí nace unha
amizade íntima con Anshel, un neno xudeu co que comparte xogos e
ilusións. Cando falece a nai de tuberculose é enviado a unha casa
de acollida onde permanece ata que a irmá do seu pai, Beatrix
decide facerse cargo del e levalo a unha luxosa casa de campo onde
ela traballa como ama de chaves. A casa é o Berghof, a residencia
de vacacións que Adolf Hitler ten nos Alpes de Baviera.
Pierrot pasará a chamarse Pieter e o cambio de nome
será un símbolo que anticipa o que serán os seus pensamentos e
ideoloxía. O contacto persoal con Hitler e coa ideoloxía nazi van
cambiando o carácter do neno no seu paso da infancia á adolescencia
e transformándoo nunha persoa cruel e insensible. Ao final da
guerra Pieter regresa a París onde, vendo a realidade dende un
punto de vista diferente, consegue atoparse co seu amigo xudeu da
infancia.
Nas reunións que tivemos para falar do libro comentamos
que nos interesaba moito a II Guerra Mundial e, coa finalidade de
entender mellor o que pasou nesta época tan terrible da nosa
historia, fixemos unha pequena investigación sobre Hitler e o
Holocausto.
Así soubemos que Hitler fora maltratado polo seu pai
cando era un adolescente, e que dende moi novo tiña interese polos
libros de historia e da mitoloxía alemá. Foi elixido como máximo
dirixente do Partido Nacional Socialista e, en 1933, foi escollido
democraticamente como xefe de goberno. Instaurou unha ditadura, un
réxime totalitario onde se exaltaba a superioridade racial. Fixo
amizade con outros ditadores como Franco e Mussolini. O seu
obxectivo era establecer o poder da Alemaña Nazi en toda Europa.
Invadiu Polonia e atopouse coa oposición de Francia e Reino Unido.
Comezou así a Segunda Guerra Mundial. Nos dous primeiros anos,
Alemaña venceu aos seus oponentes pero, finalmente a Unión
Soviética e Estados Unidos derrotaron a Hitler en 1945.
Tamén
investigamos un pouquiño sobre o Holocausto. Foi
o xenocidio ou asasinato en masa de case seis millóns de xudeus europeos. A
única causa destas mortes foi a pertenza á raza xudía. A ideoloxía
que impulsou a realizar estes asasinatos, foi a de querer conseguir a
reestruturación racial de Europa, formando unha “raza pura alemá”,
que controlase o mundo.
Ademais
cómpre ter en conta que a persecución e o asasinato dos xudeus non
se desenvolveu exclusivamente en Alemaña ou nos distintos campos de
exterminio, senón que tamén tivo lugar en Rusia, Europa Oriental e
na península balcánica, onde levaron a cabo múltiples matanzas en
fosas, bosques, barrancos e trincheiras. Algunhas cifras que se
barallan chegan aos once millóns de persoas falecidas.
Respecto
á lectura do libro de John Boyne, todos estivemos de acordo en que é
unha lectura moi entretida e intrigante. A pesar de que a acción
non é o máis importante consegue manter un ritmo que fai que a
lectura sexa moi rápida. O que máis comentarios provocou foi o
final. Algúns estaban moi convencidos de que era perfectamente
comprensible o cambio de actitude de Pierrot. Outros, pola contra,
cuestionaban as casualidades dos encontros e pareceulles un pouco
falto de realismo. De todos os xeitos a conclusión final foi que é
unha lectura moi recomendable para entender unha época terrible da
historia da humanidade que esperamos que nunca se volva a repetir.
12 dic 2019
DEIXE A SÚA MENSAXE...
A lectura de Deixe a súa mensaxe despois do sinal
de Arantza Portabales deixounos moitas e variadas impresións. As historias de catro mulleres narradas
a través das mensaxes deixadas a un contestador telefónico son relatos de
soidade e incomprensión. Marina,
Carmela, Sara e Viviana introdúcenos no seu mundo cotiá e conseguen que nos
identifiquemos, en maior ou menor medida, cos seus sentimentos. E, a pesar de que son historias tristes,
conseguen que fagamos unha lectura positiva e construtiva que contribúe a ver
as circunstancias adversas como un reto do que sempre se pode sacar algo
positivo.
O que máis nos
chamou a atención foi, sen dúbida, a orixinal presentación das
personaxes e o xeito de comunicarse que teñen. A pesar de que ó comezo pode resultar para
algúns lectores pouco atentos un pouco lioso e confuso, rapidamente son
individualizadas as catro tramas e adquiren
consistencia. A relación entre elas vaise dosificando paseniñamente
conseguindo que as historias adquiran maior emoción e acrecentando o interese
pola lectura. Destacou especialmente a implicación coa personaxe de Carmela que
representa a vontade de superación e a positividade ante as situacións adversas
que a vida depara. É, sen dúbida, unha personaxe con luces e
sombras que presenta contradicións que lonxe de cuestionar a súa credibilidade reafirman a súa humanidade
e a súa capacidade para errar e recoñecelo.
Recollemos
algúns dos comentarios:
Deixe a súa mensaxe… conta a historia de catro mulleres que, a aínda estando
soas, puideron superar os seus medos e
aceptar o seu destino.
Xoana Ares
O máis
destacable foi o segundo
significado das historias: o silencio da muller na sociedade, a escasa
valoración do que se posúe, a velocidade coa que se pretende vivir ou os abusos
sufridos polas mulleres.
Martín
Pérez
O libro
demóstranos que non todo na vida é sinxelo pero que é necesario loitar polo
futuro para conseguir ser felices.
Yaiza Grandío
A autora trata con moito acerto as relación e os
sentimentos a través dunha linguaxe
clara e accesible que achega o lector a
cada unha das protagonistas.
Lois Couso
Aínda que o
argumento me pareceu moi interesante e a forma de narralo moi orixinal, teño que
dicir que hai certas relación que me
parecen excesivamente romantizadas. Creo que o tema da prostitución está un
pouco banalizado na obra. A situación nos burdeis é infinitamente peor do que
aparece reflectido na narración.
Fátima Ramos
A lectura deste libro ensinoume que a pesar da situación sempre podemos tentar ser a mellor versión de
nós mesmos.
Nadia Fernández
É un libro moi curioso xa que está organizado
en catro historias que trancorren de
xeito paralelo nun principio pero que, finalmente, están relacionadas. Tamén me
chamou a atención o medio escollido
para contar as vidas das protagonistas:
o contestador. Isto é unha característica común a todas as historias que lle engade unha gran orixinalidade á obra.
María Couceiro
Gustoume moito o orixinal formato escollido pola
autora aínda que me pareceu un pouco
complicado de levar a cabo. A forma en que as historias se entremisturan resultoume moi natural e ben levada, con
xeito e sen présas, dunha maneira que consegue sorprender ao lector.
Marcos Bermejo
Eu destacaría o ritmo e o dinamismo da narración que
se relaciona coa brevidade dos capítulos que constitúen cada unha das
mensaxes.
Mateo Sánchez
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











