6 may 2020
23 abr 2020
DÍA DO LIBRO... NA DISTANCIA
Hoxe é 23 de abril, é o Día do Libro, pero moi diferente ao doutros anos... Hoxe estamos na casa, o instituto queda na distancia porque unha pandemia tennos pechados, esperemos que por non moito máis tempo, entre as catro paredes dos nosos fogares. Porén, non vai ser isto un obstáculo para que festexemos esta data, tan importante para a nosa biblioteca e para nós.

Marabillosos compañeiros neste traxecto da vida que nos toca recorrer!
E para conseguir que o sorriso agrome nos nosos beizos, despois desta reflexión, deixámosvos o enlace a un vídeo no que o inxenioso humorista José Mota fixo hai anos: trátase dunha especie de distopía, asentada sobre a idea dun botellón, no que o gusto pola bebida fose substituído pola obsesión dos mozos por ler! Esperamos que vos guste!
16 abr 2020
LUIS SEPÚLVEDA
Temos que
lamentar o recente pasamento do escritor
chileno Luis Sepúlveda. O autor, afincado en Asturias dende fai anos, faleceu vítima
do coronavirus.
A súa
interesantísima biografía está condicionada polo seu carácter viaxeiro e
itinerante unido ao seu forte compromiso político contra os réximes ditatoriais,
feito que provocou que estivese na cadea durante máis de dous anos. Profesionalmente,
ademais de escritor, foi xornalista e cineasta.
Na súa traxectoria literaria destacou
especialmente a obra Un viejo que
leía novelas de amor, publicada en
1989. Foi traducida a numerosos idiomas e converteuse nun éxito mundial. Inspirada
nunha experiencia biográfica, a novela é un canto de amor ao poder da
literatura e da lectura. A súa mensaxe chegou a lectores de medio mundo que
aprenderon do protagonista da historia, Antonio José Bolivar Proaño, a valorar e
respectar a natureza e as leis da supervivencia, ao mesmo tempo que a
desconfiar e a renegar das actitudes prepotentes.
Sen dúbida será lembrado grazas á inesquecible
e edificante historia que nos deixou como legado de vida e experiencia e pola
que non parecen pasar os anos, como adoita acontecer coas obras mestras.
Etiquetas:
Luis Sepúlveda,
Un viejo que leía novelas de amor
10 abr 2020
DISTOPÍAS
A estraña realidade que estamos a vivir
provocada pola pandemia do coronavirus semella propia dunha película de
ciencia-ficción. Parece como se, de
súpeto, estiveramos inmersos nun mal soño que supera todas as nosas fantasías máis
inquietantes. Esta reflexión colectiva
sobre a irrealidade que se converteu na nosa realidade cotiá relaciónase co
concepto de distopía.
Para
entendermos o significado de distopía ou realidade distópica cómpre aclarar
previamente o sentido da palabra utopía.
Esta refírese a un mundo ideal,
unha situación ou sociedade perfecta pero que é considerada como un
proxecto irrealizable ou imposible de levar a cabo. É a representación imaxinativa dunha
sociedade futura exenta de todo tipo de adversidade ou contrariedade. Ao
concepto de utopía oponse o de distopía que se concreta basicamente como unha
sociedade onde impera o sufrimento, unha realidade indesexable. Ambas poden
relacionarse coa análise de determinadas estruturas sociais nun determinado
contexto pero dende perspectivas moi diferentes. A utopía é a realidade soñada e a distopía a
temida.
De
onde veñen estes conceptos?
A
palabra utopía, que provén do grego e significa literalmente “non hai
lugar” foi acuñada por Tomás Moro, un
pensador e teólogo renacentista que describe na súa obra homónima (Utopía, 1516) unha
sociedade idílica e pacífica, unha proxección do Estado ideal. O concepto de
utopía aparece normalmente asociado a unha realidade inalcanzable ou imposible
de realizar.
O
termo distopía tamén denominado antiutopía é bastante máis recente. O seu significado relaciónase
co de “mal lugar”. O primeiro uso coñecido da palabra produciuse nun discurso
no Parlamento Británico en 1868. A primeira ficción distópica apareceu en 1921
cando o autor ruso Yeygeni Zamiatin publica a súa obra Nosotros. Nela
presenta unha sociedade privada de liberdades
onde a ciencia e a tecnoloxía están ao servizo do poder que escraviza a
humanidade.
As distopías
concíbense como avisos límite das actuais convencións sociais e das posibles
dexeneracións futuras. Frecuentemente son advertencias sobre o perigos
potenciais que poden chegar a presentar certas ideoloxías, condutas ou
prácticas como o consumismo, a dependencia tecnolóxica, o avance da
robotización... Desde o punto de vista literario son moi comúns dentro do
subxénero da ciencia ficcíón.
A
continuación unha selección de distopías dende as pioneiras
(consideradas xa verdadeiros clásicos da literatura e do cinema) ata as
máis recentes.
1 abr 2020
GALICIA LE
Quedamos na casa mais non cesamos a actividade e moito menos a referida ás lecturas que nos acompañan e nos distraen nestes tempos tan complexos.
A través da plataforma GaliciaLe podemos acceder a máis de 4.500 libros, revistas, películas e documentais que nos axudan a facer máis levadeiros estes días de confinamento.
22 mar 2020
OS NENOS DA VARÍOLA E A OPERACIÓN BALMIS
Mentres
agardamos poder retomar a actividade escolar e as reunións do Club de
Lectura temos que adaptarnos á nova situación determinada pola pandemia
que percorre o mundo.
Unha das
medida adoptadas en España para loitar contra o andazo do coronavirus foi a de
decidir que o exército colaborase coas forzas de seguridade para protexer á
cidadanía. Esta atuación do exército denomínase Operación Balmis, na
honra do doutor do mesmo nome que levou a América a vacina da varíolan nos corpos de vinte e
dous nenos galegos orfos. A expedición, que partiu do porto da
Coruña no ano 1803 , conseguiu coa súa xesta salvar moitas vidas.
A lectura é,
sen dúbida e máis ca nunca, unha fantástica maneira de evadirnos un chisquiño a
través das historias que nos transportan no tempo e no espazo.
A
continuación un booktráiler elaborado por Ariadna Fernández sobre a obra de
María Solar que leva por título Os nenos da varíola inspirada na historia da Expedición Balmis.
28 feb 2020
RECIBIMOS AL ESCRITOR FERNANDO LALANA (MARTES, 3 DE MARZO)
Nuevamente tenemos la oportunidad de recibir en nuestro IES a un escritor, en este caso Fernando Lalana, muy conocido por nuestro alumnado de la etapa de ESO, por ser uno de los autores más leídos no sólo en la materia de Lengua Castellana, sino también a través del Club de Lectura.
Escucharemos, pues, con atención las experiencias de alguien que domina el oficio de contar historias para los jóvenes con la maestría que aportan la experiencia y el talento.
5 feb 2020
LITERATURA E CINEMA: ADEUS A JOSÉ LUIS CUERDA
Os integrantes do Club de Lectura de 1º de
bacharelato están inmersos na lectura de dúas obras: Los girasoles ciegos de
Alberto Méndez e Que me queres, amor? de
Manuel Rivas. As curiosidades do destino fixeron que esta escolla puxese
en relación dúas obras fundamentais da literatura castelá e galega cun importante
nexo común: ambas posúen magníficas versións cinematográficas dirixidas por José
Luis Cuerda.
Desafortunadamente, redactamos esta
entrada no blog lamentando o recente falecemento deste director, guionista e
produtor que desenvolveu gran parte da súa carreira cinematográfica cunha importante
vinculación coa nosa terra e a nosa cultura. A súa relación con Galicia ía
dende o profundo coñecemento que tiña da literatura galega ata o seu apego á provincia
de Ourense onde posuía unha adega na que elaboraba viño do Ribeiro.
Na súa filmografía destaca a versión da novela
homónima de Wenceslao Fernández Flórez, El bosque animado (1987). Posteriormente
adaptou para a gran pantalla A lingua
das bolboretas (1999) versión cinematográfica de tres relatos do libro Que
me queres, amor? de Manuel Rivas. Foi
galardoada co Goya ao Mellor guión adaptado, premio que tamén acadou con Los
girasoles ciegos (2008). Anos despois adaptaría para o cine outra novela de
Manuel Rivas: Todo é silencio (2012).
Mención especial merece a denominada
triloxía surrealista integrada por Total (1983), Amanece que no es poco (1988) e Así en el cielo como en la tierra (1995).
Como produtor, destacou a súa participación nas longametraxes de Alejandro
Amenábar: Tesis (1996), Abre los ojos (1997) e Los otros (2001).
Curtisbiblio e o Club de Lectura
Fendetestas queren manifestar o seu recoñecemento ao labor desenvolvido por
este cineasta que soubo conxugar e relacionar de maneira persoal e excepcional
literatura e cinema. O seu legado feito arte pervivirá para sempre.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)