21 ene 2025

O VIXÍA NO CENTEO

     

    Antía Seijas (1º Bach A ) comparte as impresións (recensión e fotografía)  sobre a súa lectura de O vixía no centeo de J. D. Salinger. 


    O vixía no centeo (título orixinal: “The Catcher in the Rye”), é unha obra do autor estadounidense J.D. Salinger, coñecido principalmente por esta novela, que se converteu nun clásico da literatura moderna do seu país case dende o mesmo momento da súa publicación en 1951. Como datos sobre a súa persoa, participou na segunda guerra mundial no bando americano e esta foi a súa única novela, se ben escribiu numerosos relatos cortos, moitos influenciados polas súas vivencias. A editorial da primeira edición do libro foi Little, Brown and Company, a do meu exemplar (2001, tradución da obra ao galego), Xerais.

    Esta novela narra dende o punto de vista do protagonista, Holden Caulfield, e de forma subxectiva e coloquial como é propio da mocidade, o que lle ocorre a este tras a fuxida do seu elitista colexio e a súa posterior estancia en Nova York. Holden aporta numerosas análises da vida e da sociedade do seu redor, enfrontándose a temas que preocupan a todos os mozos, como os valores, a sociedade, o amor, a amizade... Todo isto de xeito humorístico e en primeira persoa, co que o autor consegue que o lector ou lectora realmente comprenda e se identifique co seu personaxe, inconformista, nervioso e cunha personalidade moi peculiar.

    Persoalmente, desfrutei moito con esta lectura, seguindo os pasos e os pensamentos de Holden, quen a pesar de ser un rapaz dos anos cincuenta consegue que realmente te recoñezas a ti mesmo nos seus pensamentos e reflexións como adolescente, que case sempre fai dende un punto de vista retranqueiro e ocorrente. A lectura irradia ao meu parecer un sentimento de disparidade respecto á sociedade ou contorna, algo que todos sentimos algunha vez nas nosas vidas, pero véndoo como algo bo e alentando a non seguir sempre ao “rabaño” por medo ao rexeitamento ou por costume, senón a ser como un é ou como mellor se sinta, se ben non se deben levar estes ideais a un extremo separatista

    Recomendaría a obra a todos os adolescentes que estean pasando por unha etapa dura da súa vida e se sintan diferentes, pero tamén aos que non, xa que poderían atopar un novo sentido ás súas crenzas e actos, ou redefinir o seu estilo de vida cara a un máis relaxado e no que non importen só as aparencias.


7 ene 2025

ANO DE CASTELAO

    

    Dende o Club de Lectura damos a benvida ao ano no que se celebra o 75 cabodano do pasamento do autor.

    Castelao naceu en Rianxo en 1886 e faleceu na Arxentina en 1950.  Entre as dúas datas que marcan o seu percorrido vital desenvolveu multitude de actividades de campos tan diversos como a política, a literatura ou as artes plásticas. A cultura galega ten unha débeda inmensa co home que levou a patria enteira na memoria. O  seu legado é incuestionable en todas e cada unha  das facetas que  cultivou. 



    Recollemos a modo de inicio da homenaxe que se desenvolverá de xeito colectivo ao longo deste 2025 unha das súas pinturas máis recoñecidas:  A derradeira lección do mestre  (Galicia Mártir). Este cadro recolle a  terrible escena do corpo dun mestre asasinado comtemplado por dous meniños. A denuncia das inxustizas cometidas na época da Guerra Civil está presente nesta obra  que é coñecida como o Guernica galego.



18 dic 2024

MENÚ DE NADAL PARA ESTE 2024


Un ano máis, deixámosvos aquí as nosas recomendacións lectoras para o Nadal, que nos agarda xa á volta da esquina... Lembrade que un libro pode ser un magnífico agasallo!




E se sodes vós os que vos sentides envoltos nun desexo irrefrenable de ler, tranquilidade:  na biblioteca atoparedes varios destes títulos para levar en préstamo neste Nadal! 




22 nov 2024

A HISTORIA DA MULLER QUE CONVERTEU OS CARABEIS NO SÍMBOLO DO 25 DE ABRIL

   

    O alumnado de Portugués do Club de Lectura  Fendetestas vén de realizar un pequeno traballo de investigación sobre Celeste Caeiro.  Ela foi a muller que tivo o pequeno xesto  de dar un carabel a un soldado dando nome á revolución pacífica que rematou coa ditadura en Portugal o día 25 de abril de 1974: A Revolução dos Cravos ou Revolución dos Carabeis.

Celeste faleceu recentemente, mais este ano aínda puido participar nas celebracións do 50 aniversario deste día tan importante na historia de Portugal.










 

     A reflexión sobre a importancia dos xestos de xente anónima na historia da humanidade levounos a falar de Rosa Parks (a primeira muller negra que se negou a ceder o seu asento no autobús a unha persoa de raza branca) e a  comparala coa fermosa historia de Celeste Caeiro.

    Máis información sobre Celeste Caeiro neste enlace.

30 oct 2024

SAMAÍN

       

    A literatura de temática misteriosa é unha das preferidas polos nosos lectores. Proba diso é a existencia dunha sección  que ten  continuidade e adeptos ano tras ano. O Samaín é tempo de falar de historias misteriosas (moitas delas relacionadas co Mäis Alá) e,  asemade, de lembrar tradicións   e crenzas que  nos definen como pobo e singularizan a nosa cultura. 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

    

 

     

 

 

     Para falarnos da orixe desta celebración o profesor Jesús Iglesias (coordinador do Club de Lectura) realizou unha teatralización na biblioteca ambientada para a ocasión.


 






4 oct 2024

REUNIÓN INICIAL

      

    Os lectores e lectoras do IES de Curtis son cada vez máis numerosos. Este curso superamos amplamente os cen participantes, Seguimos a contar coa participación de diferentes departamentos ( Historia, Inglés, Orientación, Lingua Castelá, Lingua Galega, Portugués e Automoción) e damos continuidade ao proxecto iniciado o curso anterior coa introdución do grupo de adultos.  Dámoslles a benvida a todos e todas!

Compartimos fotografía da reunión inicial con parte do alumnado.



26 sept 2024

NOVO CURSO, NOVAS LECTURAS

 

Un curso máis iniciamos a nosa andaina lectora. Xa están á vosa disposición as fichas de inscrición para que poidades apuntarvos ao noso club lector. 





17 may 2024

SAXO TENOR

 Salma Mariño ofrece unha proposta alternativa de lectura:  unha obra teatral de Roberto Vidal Bolaño na que se fai un interesante retrato da sociedade.



30 abr 2024

25 abr 2024

O PARAÍSO DOS INOCENTES

 Alia Castro anima con este elaborado booktrailer á lectura do libro de Antón Riveiro Coello:


 


10 abr 2024

FALAMOS CON ANDREA MACEIRAS

 

Entrevista realizada por Lucas Senín (1º Bach)


 

5 abr 2024

2 abr 2024

DIÁRIO DE UM BANANA

 

Os Fendetestas do Club de Lectura de Portugués leron este trimestre Diário de um banana de Jeff Kinley. Este libro conta a historia dun rapaz chamado Greg que escribe nun diario as simpáticas aventuras que lle suceden  tanto no instituto cos seus amigos coma na casa. Tamén nos fala da súa família, dos seus pais e dos seus irmáns e de todo o que lles acontece. O libro, que é o primeiro dunha longa colección, narra un curso dende o inicio no mes de setembro ata a chegada das vacacións de verán. Ao longo deses meses Greg vive moitas aventuras que vai contando no seu diario e ilustrando com simpáticos debuxos. Se queredes saber máis, non deixedes de lelo.  

 


 A continuación reproducimos algunhas  impresións sobre o libro:

Eu gostei muito do livro; do que mais gostei foi da história de como se conheceram Greg e o seu amigo e do que menos do trato que tinha com o seu irmão mais velho. O livro lê-se muito rápido e está muito entretido.

                                                                                                                                                      Karen

Gostei muito da parte quando o seu amigo Rowley se voltava muito famoso e Greg também queria chamar a atenção mas não o conseguia.

Xiana

 Acho que o Diário de um banana foi um livro muito engraçado. A minha história favorita do livro foi quando o Greg e o Rowley fizeram a sua própria casa assombrada.

Alba

Do que mais gostei foi da parte quando Greg lhe disse ao seu irmão mais novo que comera uma aranha e do que menos foi quando Greg e Rowley se enfadaram.

Óscar

Recomendo este livro a pessoas que tenham interesse em ler em português porque é muito fácil de entender e é muito divertido

Pedro

As histórias de Greg são muito divertidas; para min a melhor foi a do Dia das Bruxas, quando iam pedir guloseimas e tiveram que fugir duns rapaces a mais velhos que iam numa carrinha.

Martín

Gostei muito do livro que é muito entretido e lê-se muito rápido. Não gostei de que Greg, às vezes trata ao seu amigo como um joguete e prega-lhe partidas muito desagradáveis.

Antón

 O livro é muito entretido; eu gostei muito do episódio do queijo, que era um anaco de queijo podre que fazia que o raparigo que o tocasse ficava marcado pelo Toque do Queijo e depois todos fugiam dele para que não lho passasse.

Lucía

A história da que mais gostei foi quando o Greg fez o papel de árvore na cena de O feiticeiro de Oz pelo Natal e parou de cantar porque o seu irmão mais velho estava a grava-lo.

Sara

A história da que mais gostei foi quando Greg foi brincando com um triciclo com o Rowley e este rompeu um braço e depois as meninas iam onda ele para ver o gesso. Greg também queria ser muito popular como o seu amigo mas não o conseguiu.

Noa

Vocabulário:

Guloseimas: doces, lambetadas

Carrinha: furgoneta

Pregar uma partida: gastar unha broma ou brincadeira

Cena: escena, representación 

18 mar 2024

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS

  

María Bello e Andrés Caínzos achégannos á estadía de Van Gogh en Auvers (Francia) a través da lectura do libro de Marcos Calveiro.






6 mar 2024

SOBRE AS LÁGRIMAS DE SHIVA

 



Esta historia tan bonita de Javier e Violeta é moi misteriosa. Ao longo da novela coñeces a máis personaxes que van axudando a resolver o gran misterio de Isabel Obregón, unha muller que marchara a noite antes da súa voda xunto cunha reliquia coñecida como "As lágrimas de Shiva", e nunca regresan, nin ela nin a súa reliquia. Esta novela  tamén ten unha parte de comedia e iso é bastante divertido. Nós cremos que é unha boa novela para a xente da nosa idade.

Marta Díaz, Macarena García, Lucía Villamor e Gabriel Vigo (2º ESO)

 




Este libro trata dun rapaz chamado Xavier que vai pasar as vacacións de verán en Cantabria, na casa dos seus tíos, xa que o seu pai está enfermo e a súa nai ten medo de que Xavier e o seu irmán poidan contaxiarse. Unha vez instalado na casa dos seus tíos sente unha presenza e Xavier xunto coa súa prima Violeta descobren que é un antepasado da familia pedindo axuda por algo que ocorreu hai moito tempo.

Traballo de Noé Mariño e Nadia Sánchez (2º ESO)

24 ene 2024

10 ene 2024

A NETA DO SEÑOR LINH

 Teresa Conde (1.º Bach. A) fixo este interesante vídeo sobre a novela A neta do señor Linh.



9 ene 2024

O NENO DO PIXAMA A RAIAS


 Nicolás Seoane realizou este suxestivo booktrailer sobre a novela O neno do pixama a raias.



20 dic 2023

UN NOVO MENÚ DE NADAL!

 

Para quitar a fame de ler no Nadal, propoñémosvos o seguinte menú: 




19 dic 2023

ACERCA DEL MONSTRUO DE FRANKENSTEIN... Y DE OTROS MUCHOS...

     

   Los fendetestas de 4º ESO C hemos dedicado nuestro tiempo en este primer trimestre a la lectura de la obra de Mary Shelley y al visionado de la versión cinematográfica dirigida y protagonizada por Kenneth Branagh en 1994. 

   

      La madre de Victor Frankenstein muere en el parto de su hermano menor. Desde Ginebra, él se trasladará a Ingolstad para estudiar Medicina y para poder investigar cómo vencer a la muerte. Allí conocerá al extraño profesor Waldman, que pasó su juventud estudiando la posibilidad de crear un ser humano de forma artificial. Víctor no sólo se interesa por sus experimentos, sino que acaba creando un ser a partir de restos de cadáveres. Pero cuando consigue darle vida, se asusta ante su aspecto horroroso y lo abandona. El monstruo sufrirá el desprecio de todos y buscará la venganza, atacando en donde más le duele a su creador: la familia será la víctima de su desafío a Dios y a las leyes de la naturaleza. 

Lo que hemos leído y visto en la película nos ha dado pie a charlar sobre:

El título de la novela (Frankenstein o el moderno Prometeo): curiosamente muchos piensan que Frankenstein es el nombre del monstruo y eso es falso, es el nombre de su creador. La autora de la obra lo relacionó con Prometeo porque ambos desafían a los dioses, el primero robándoles el fuego y el segundo, dando vida a un ser creado con restos humanos. Los dos tendrán su castigo...

El comienzo, con esta obra, del subgénero de la CIENCIA FICCIÓN, en el que entrarían las narraciones en las que aparecen adelantos tecnológicos inexistentes en el momento en el que vive el escritor. 

- La razón por la que esta novela es una obra típica del Romanticismo europeo: los personajes frustrados e infelices, las desgracias, el monstruo, la naturaleza con escenas desagradables (tormentas, frío glaciar...) contagian al lector la sensación de incomodidad, de disgusto que tenían los escritores románticos por vivir en una sociedad que no les gustaba. 


 Los peligros de no poner límites a la ciencia: no todo lo que se puede conseguir con la investigación es bueno para la humanidad. 

Las dificultades de integración de aquellos cuyo aspecto es diferente al que la sociedad considera como común: el monstruo no tiene maldad al principio y al final lamenta la muerte de su creador... Pero la sociedad, con su rechazo cruel, provoca su deseo de vengarse. 

La modernidad de ciertas obras escritas en el pasadoFrankenstein, publicada en la primera mitad del siglo XIX, trata temas (como los que acabamos de anotar) de continua actualidad. Eso da a la novela un gran valor y la hace intemporal. 

La utilidad de combinar diferentes versiones y formatos de una obra: novela gráfica, novela clásica, lectura fácil y adaptación al cine. Con todos estos formatos hemos conseguido tener una visión muy completa de Frankenstein.  


     Lo cierto es que la lectura de la obra nos abrió la puerta para entrar en el mundo de LOS MONSTRUOS en la literatura y en el cine de todos los tiempos. A continuación os dejamos un vídeo en el que podéis ver la pequeña investigación que hemos hecho los 9 miembros del grupo acerca de este tema... ¡Y es que los libros, como podéis ver, dan para mucho!