19 dic 2021

FALANDO DE ENDEREZO DESCOÑECIDO

Os lectores e lectoras do Club Fendetestas de 4º ESO veñen de ler Enderezo descoñecido. Esta obra foi escrita por Katherine Kressmann, escritora norteamericana, escritora e xornalista nada en Oregón. Publicouse en 1938 en Estados Unidos antes do estalido da Segunda Guerra Mundial. A obra permaneceu descoñecida en Europa arredor de 60 anos, pero, tras o éxito que acadara nos Estados Unidos e en Reino Unido, foi traducida a diversos idiomas.

As impresións  foron moi positivas. Pareceunos unha lectura moi orixinal que concentra en moi poucas páxinas  e cun formato pouco usual (cartas) unha historia conmovedora e impresionante.

Velaquí algúns dos comentarios sobre a obra:

Este libro retrata á perfección a contraposición de ideas na II Segunda Guerra Mundial e a transformación ideolóxica vivida por dous amigos. Gustoume moito xa que está escrito en formato carta, como se fose unha conversación normal;  impactoume e sorprendeume moito que estea baseado nunha historia real de dous amigos. Creo que nesta obra pódese ver perfectamente a influencia que tivo Hitler co pobo alemán e como a través do seu discurso os convencía de que tiña a razón e de que era o salvador do país.

                                                                                                Julián Merelas

 

Este libro podería titularse “As ideas cambian”. Suxiro este título porque na lectura reflíctese un gran cambio de personalidade dun dos protagonistas. Tamén cambia a súa forma de ver ao mundo e de como actuar ante determinadas situacións, por exemplo cando Griselle lle pide axuda a Martin.

 Nerea Varela

Definitivamente recomendo ler esta obra, pois trata temas reais e históricos moi importantes que deben darse a coñecer ao mundo: o  nazismo, o odio inxustificado e racista ante os  xudeus. Tamén se narran os efectos do  medo nas persoas como podemos apreciar en Martin. Este, influenciado polo nazismo e polo medo, cégase e perde o sentido da xustiza.  Outro título para a novela podería ser “ O poder do medo”

                                                                                                                                     Pablo Astray

 Impresionoume moito o cambio dos personaxes. Pareceume atroz o que fixo Max, deixando morrer  xente que consideraba da súa familia. Cos ollos espantandos vin a transformación de Martin e o progresivo desmaio dunha amizade e o desagradable final esperado.  Este libro pareceume alucinante, xa que en moi poucas páxinas a autora logra sacar o máximo desenvolvemento dos personaxes. 

                                                  Karla Rivera

Pareceume entretida posto que é unha historia que engancha, realista, porque aínda que é unha historia ficticia trata un tema histórico que si aconteceu.  A pesar de que hai feitos que non me gustaron como o machismo de Martín, podo chegar a comprendelos polo contexto histórico no que este se sitúa.

Paula Pardo


 

O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE

 
 

O curioso incidente do can á media noite é unha novela xuvenil de Mark Haddon, ilustrador, guionista e escritor británico, autor de libros infantís como Un pequeno inconveniente. Ademais, Haddon traballou con persoas que padecían discapacidades físicas e mentais, adquirindo así coñecementos sobre o tema, que despois aplicaría nos seus libros.

Esta novela trata sobre o autismo, xa que a obra está escrita desde a perspectiva dunha persoa que sofre esta enfermidade. Christopher é un adolescente que intenta descubrir quen matou a Wellington, o can da veciña. Para iso, decide investigar o caso, e mentres, escribe un libro coas pistas que vai atopando. Pero a investigación vese interrompida cando o seu pai lle quita o libro, polo que Christopher intenta buscalo, ata atopalo nun armario. Aí tamén acha  unhas cartas que lle enviou súa nai, que supostamente falecera. Ao saber  que ela estaba viva, Christopher decide marchar da casa , e emprende unha “aventura” na cal aprende a superarse enfrontándose a diversas dificultades. Como temas secundarios aparecen  tamén o misterio da morte do can e as relacións persoais.

O personaxe máis destacable da novela é un rapaz autista, que ademais de ser o protagonista, tamén é o narrador da historia. A peculiaridade deste é que, ao padecer unha discapacidade, o lector pode facerse unha idea de como percibe a realidade unha persoa que a posúe, e as dificultades e retos que lle supón no día a día. Ademais, este pode comparalo coa súa forma de ver a realidade, e darse conta de como o que para unha persoa sen ningún tipo de discapacidade é algo normal, para outra pode supoñer un gran reto.

Persoalmente gustoume bastante esta novela, aínda nun principio resulta sorprendente o feito de que o narrador sexa “peculiar” . Ademais de que é un trazo que non se pode deducir lendo o título da obra. Por outra parte, isto desemboca nunha aprendizaxe sobre o autismo dunha maneira diferente e entretida, polo que creo que é unha obra que recomendaría a calquera.

                                       Nuria Gómez (2º Bach A)

4 dic 2021

MENTIRA: MOITO MÁIS QUE UNHA HISTORIA SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET

 

      A lectura de Mentira de Care Santos foi todo un éxito para os integrantes do Club de Lectura de 2º ESO B.  A historia de Xenia e  da súa relación  cun mozo que se fai chamar Marcelo ao que coñece a través de  Internet parecía encamiñada a ser un novo aviso sobre os perigos da Rede. Mais a novela dá un xiro moi sorprendente cando a protagonista descobre que o mozo non se chama realmente así e que está internado nun centro de menores. O pasado de Eric (este é o seu verdadeiro nome) lévanos a unha infancia na que sufriu abandono  por parte dos seus pais e posteriormente foi acollido por un primo chamado Ben que se converteu na súa única familia.  Este, despois de asasinar a unha moza convence a Eric para que se declare culpable coa idea de que a condena será moito máis leve xa que é menor de idade.  Cando Xenia coñece a historia decide implicarse na aclaración da verdade.

     Os comentarios foron moi variados pero todos estiveron de acordo en que a obra lles pareceu moi interesante e que non podían deixar de ler.  Chamaron a atención os datos que se ofrecen ao comezo da obra sobre a delincuencia xuvenil. Este feito deu pé a reflexionar sobre as circunstancias familiares que teñen moitos deses rapaces e rapazas que se converten en delincuentes. Tamén xurdiu o tema dos centros de menores e como os rapaces que están ingresados neles están controlados e limitados nas súas accións.




 Reproducimos algunhas das impresións recollidas nas sesións dedicadas á obra:

A historia de Eric impresionounos moito polo triste que nos pareceu e tamén pola súa bondade ata o extremo de admitir ser autor  dun crime que non cometera.

                                                                                                                          Hugo e Nicolás

 O libro ensina porque axuda a dar visibilidade ás circunstancias que viven outras persoas.

                                                                                                                                 Antía

 A historia de Mentira lembroume  moito a O corazón de Xúpiter. Dos dous libros pódese sacar unha idea común: as aparencias enganan.

                                                                                                                                Xabier

O libro é tan emocionante que non podes parar de ler, non é unha historia máis sobre os perigos de Internet.

                                                                                                                              Irene

MULLERES PIONEIRAS NO MUNDO

      

     O libro Pioneiras  de  Anaír Rodríguez e Nuria Díaz gustoume moito porque fala das mulleres que abriron camiño en Galicia. De todas elas, a que máis me chamou a atención foi Celia Rivas, a primeira muller condutora dun camión. Os homes tiñan a mente pechada e pensaban que era ridículo que unha muller conducira un camión pero ela seguiu no seu empeño demostrando  o seu valor  e que podía facelo como calquera deles.

                                                                                                                                                                                  Meryem Belhaddad  




 Meryem tamén quere que coñezamos unha muller pioneira do seu país. A escollida é FATIMA MERNISSI, unha das mulleres máis relevantes da intelectualidade do mundo árabe. Nada na cidade marroquí de Fez en 1940 e finada en Rabat en 2015, foi unha escritora e socióloga feminista que dedicou a súa obra a estudar a condición da muller no mundo musulmán.  Destacou a necesidade de reconstruír a sociedade cuestionando o modelo patriarcal e esixindo reformas sociais, políticas e relixiosas para reivindicar os dereitos das mulleres.

 


 

 

 

27 nov 2021

VÍDEORECENSIÓN: ENDEREZO DESCOÑECIDO

 

 Alia  Castro de 4º ESO  recomenda a lectura desta obra de Kressmann Taylor.



 


17 nov 2021

CUANDO EL MIEDO SE ESCURRE DE LAS PÁGINAS Y NOS ENVUELVE

     Estamos ya con las últimas sesiones de tertulia entorno al libro de Bram  Stoker: hay que ver cómo los buenos escritores tienen la habilidad de despertar en nosotros las sensaciones que quieren. Realmente da miedo leer la historia del vampiro de noche y a solas... Consigue crear ese ambiente siniestro que nos hace oír ruidos extraños y sentir la presencia de alguien que nos acecha en la oscuridad...

    Al hilo de este tema -la habilidad del escritor para hacernos sentir lo que se propone, para atraparnos- hemos traído a la reunión de hoy un relato breve de Horacio Quiroga, titulado El almohadón de plumas: no podemos menos que sorprendernos ante la capacidad de crear un ambiente tan triste y sobrecogedor en tan pocas líneas...Ah! Y aprovecha el motivo del ser que succiona sangre... ¡No es Drácula, pero tampoco se queda atrás lo que se ve al final! ¡ Admirable que con las palabras se puedan crear tantas realidades paralelas y nos atrapen de ese modo!  

    Os dejamos un vídeo con una versión en TOP-MOTION del relato y también el texto escrito (no se nos vayan a enfadar los lectores empedernidos...) A disfrutarlos!!!!!

https://ciudadseva.com/texto/el-almohadon-de-plumas/   (ENLACE AL RELATO ESCRITO) 

https://drive.google.com/file/d/1J7PZjR9ca9wcVnH4dTtTeGEnwysvFgkt/view?usp=sharing  (ENLACE AL VÍDEO)