18 jun 2025
17 jun 2025
INTRIGA E MISTERIO (A PRAIA DOS AFOGADOS)
Se buscas unha novela intrigante con historias de asasinatos non podes deixar de ler A praia dos afogados de Domingo Villar. Conseguirá o inspector Leo Caldas resolver o misterio?
Booktrailers elaborados por Lucía García e Iria Castro.
16 jun 2025
UMA AVENTURA NO SUPERMERCADO
TRES MULLERES, TRES HISTORIAS
José Ángel Nouche convida a ler esta interesante historia protagonizada por tres mulleres que, aparentemente, non teñen nada en común.
15 jun 2025
O CAN DOS BASKERVILLE
Antía Seijas recomenda a lectura desta obra clásica da literatura universal en formato booktráiler.
12 jun 2025
TANTOS ANOS DE SILENCIO
Laura García e Alexandra Tomé elaboraron este suxestivo booktráiler e esta interesante videorecensión sobre o libro de Francisco Castro:
8 jun 2025
ASASINATO NA CASA ROSA
Antía Sánchez (1º Bach B) ofrécenos un suxestivo booktráiler e unha recensión coa súa valoración sobre o libro de Arantxa Portabales. Animádesvos a descubrir o misterio?
Esta é unha novela da autora galega, ainda que nada no País Vasco, Arantza Portabales, quen escribe as súas obras tanto en castelán como en galego. Comezou a súa carreira escribindo microrrelatos e participando en concursos literarios con estas composición. O seu maior éxito ata o momento é a serie policiaca dos inspectores Abad e Barroso, composta por 3 novelas.
Asasinato na Casa Rosa foi publicada o 9 de xaneiro do 2025 en galego e pouco despois en castelán e da comezo á serie Os crimes de Loeiro, protagonizada polos inspectores Santaclara e Araujo. Esta obra está incluída dentro do xénero narrativo xa que é unha novela e máis en concreto pode ser clasificada como unha novela propia do subxénero literario do domestic noir, moi propio das novelas da recoñecidísima autora inglesa, Ágatha Christie.
A novela comeza coa morte, no 2020, de Rosa, nai da familia Villamor, entorno a que xira a historia completa. Rosa era a muller de Ulises Villamor un empresario millonario propietario da empresa sanitaria Asisgal, e tamén nai de tres fillos, Álvaro, Ada e Eduardo. A morte de Rosaocorre durante a pandemia e o estado de confinamento en Loeiro, unha pequena vila costeira de Galicia, mentres a familia ao completo, xunto cos dous fillos de Ada e coas respectivas parellas dos dous irmáns maiores, Álvaro e Ada, estaba residindo na gran mansión chamada a Casa Rosa. Catro anos despois, Ulises Villamor recibe unha imaxe que podería ser unha pista que descubrise ao culpable xa que comeza a sospeitar que foi alguén dos ocupantes da casa no momento do falecemento. Por iso decide contratar á inspectora de policía Iria Santaclara, quen se atopa fora de servicio para cuidar ao seu marido que se atopa en coma tras sufrir un ictus. Ao principio, cando recibe esta petición, négase pero este, tras investigar sobre a vida da inspectora, decide pagarlle un tratamento moi caro para axudarlle ao seu marido, polo que Iria, acepta e vai á Casa Rosa a investigar o sucedido. Durante a estancia da inspectora alí, vanse descubrindo segredos de todos os personaxes e facendo que cada un sexa máis misterioso que o anterior ata que a inspectora, con axuda do seu excompañeiro xubilado César Araujo, consegue atopar a causa da morte de Rosa.
Persoalmente esta novela sorprendeume moi gratamente xa que o xénero da novela negra non é un xénero que me atraia especialmente e non me soen gustar este tipo de historias. Porén, esta obra gustoume moito, tanto a trama en xeral coma o xogo que nos da a propia autora ao facernos sospeitar de todos e cada un dos personaxes e darlle un final tan pouco esperadocomo o é o desta novela. Polo tanto, esta obra é súper recomendable para todo tipo de perfil lector xa que é unha obra moi interesante que mestura temas do día a día como son o problema das herdanzas nas familias, a cobiza ou o diñeiro.
6 jun 2025
EL ROSTRO DE LA SOMBRA O LO TERRIBLE DE HACER LAS COSAS MAL
2 jun 2025
O VERÁN NO QUE MIÑA NAI TIVO OS OLLOS VERDES
Dous booktráilers animan á lectura deste libro que non deixará a ninguén indiferente.
30 may 2025
AS ALUMNAS DE PAULA CARBALLEIRA
Na xornadas dos Clubes de Lectura tivemos a oportunidade e o pracer de escoitar a Paula Carballeira, a autora homenaxeada este ano. Á interesante lectura de As alumnas engadímoslle a contextualización realizada pola autora que nos comunicou a necesidade de achegarnos á figura de pioneiras como María Barbeito, unha de tantas mulleres que foron adiantadas ao seu tempo e, moitas veces, invisibilizadas de maneira evidente. A literatura e os clubes de lectura son tamén vías de visibilización desas historias que debemos sacar á luz para que o seu traballo non fique no esquecemento.
17 may 2025
DÍA DAS LETRAS: O LEGADO DA LITERATURA POPULAR
No club de lectura Fendetestas non só lemos libros. Ás veces a literatura non está nos textos, está na voces daquelas persoas que mantiveron viva a tradición de xeración en xeración preservando e difundindo os cantares populares. A literatura de transmisión oral é un tesouro que debemos valorar e revitalizar a través da música, da danza e tamén da lectura deses textos que serviron para amenizar tarefas e xuntanzas populares.
O venres 16 de maio no IES de Curtis celebramos a festa das nosas letras. Unha homenaxe a todas aquelas mulleres que mantiveron vivo a tradición da nosa cultura e, por extensión da nosa lingua. Elas foron e son o elo que une tradición e modernidade e proba da vixencia do seu legado témolo na actividade organizada polo alumnado. Os participantes forman parte das asociacións Faragulla de Teixeiro, A Maristela de Sobrado e Brincadeira de Santiago: Todos eles uniron as súas voces e pandeiretas para contribuír ao merecido recoñecemento colectivo proposto pola Real Academia Galega.
Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!
28 abr 2025
DONDE SE QUIERE A LOS LIBROS TAMBIÉN SE QUIERE A LOS HOMBRES (Heinrich Heine -1797/1856- Poeta alemán)
Neste 23 de abril, como xa é costume, na biblioteca encargámonos de recordarlles aos nosos usuarios a importancia de ler e todas as oportunidades que lles ofrece este espazo aos lectores máis diversos.
Algúns dos nosos axudantes, neste caso tres alumnos de 1º de ESO (Elia, Mario e Marcos), cóntannos con que vos podedes atopar estes días ao entrar na biblioteca:
24 abr 2025
25 DE ABRIL, DÍA DA LIBERDADE
Presentación elaborada polo alumnado do Club de lectura de Portugués para celebrar o 25 de abril (versión lida e versión texto)
11 abr 2025
ENTRAMOS EN EL MUNDO DEL ACOSO ESCOLAR...
Las alumnas del club de lectura de 1º A de ESO hemos leído en estos últimos meses Wonder, de J. L. Palacio y Subnormal, de Iñaki Zubizarreta.
En la primera novela encontramos como protagonista a un niño, August, que sufre una malformación en la cara: va a empezar a ir, con 10 años, al colegio por primera vez. Allí conoce a varios muchachos que están con él por "encargo" del director. Un alumno, llamado Julian, le hace bullyng de manera cruel. Al final de la historia, expulsan al antagonista de August y el resto de la clase pasa a considerar al protagonista como un compañero más.
La novela gráfica Subnormal está basada en hechos reales y cuenta la historia de Iñaki, un niño extraordinariamente alto, que sufre acoso en el instituto por parte de un grupo de alumnos mayores que él. Sus padres no están en condiciones de ofrecerle toda la ayuda que necesita y acaba recibiendo una paliza que lo hace pensar en el suicidio como única solución. Su entrenador y el deporte serán su tabla de salvación.
Nos ha llamado la atención los rasgos en común de ambas narraciones:
- Los dos protagonistas sufren acoso escolar.
- Los personajes principales son vistos como "diferentes" por causas físicas.
- Tienen problemas para relacionarse con sus compañeros, pero no por su culpa.
- Encuentran personas "de apoyo".
- En los dos casos, los escritores buscan concienciar de que todos tenemos que ser respetados y que las diferencias físicas no pueden hacer que haya separación o desprecio.
Nos han gustado los dos libros: de todos modos, Wonder "engancha" más: aparecen más complicaciones en el argumento y nos pareció importante que el punto de vista vaya cambiando de un personaje a otro según el capitulo. A favor de Subnormal, queremos decir que nos dejó muy impactadas lo cruda que es la obra y que esté basado en las propias experiencias del autor.
Celtia, Elena, Irene, Noelia y Nerea (alumnas de 1º ESO A)
10 abr 2025
SOBRE A NAI E MEMORIA DO SILENCIO
O pasado 21 de marzo o alumnado de 4º ESO e 1º BACH puido asistir á representación teatral da obra A Nai a cargo da compañía Amorodio.
O guión da obra teatral está baseado na historia das tres irmás Touza. Estas tres mulleres (Lola, Julia e Amparo) de Rivadavia salvaron a uns cincocentos xudeos do Holocausto nazi axudándoos a cruzar a fronteira a Portugal. As vidas destas valentes mulleres deron pé para reflexionar sobre a crueldade das guerras e a importancia da solidariedade. A súa fazaña foi novelada no libro Memoria do silencio de Eva Mejuto.
Velaquí unha recensión realizada por Daniela Meijide (4º ESO) sobre o libro de Eva Mejuto.
A obra titulada Memoria do Silencio foi escrita pola autora Eva Mejuto e publicada pola editorial Xerais na colección Fóra de xogo no ano 2019.
Eva Mejuto é unha escritora que naceu en Sanxenxo no ano 1975 e que estudou Xornalismo na USC. Traballou no sector editorial infantil e actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É docente no master Libro Ilustrado e Animación da Universidade de Vigo e autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados e traducidas a máis de dez idiomas.
Esta obra é unha novela dirixida ao público xuvenil. Conta cun narrador en terceira persoa omnisciente que todo o sabe acerca dos personaxes. Os principais son Günter, as irmás Lola, Amparo e Xulia, e Frieda; cada un deles son os protagonistas das súas propias historias, que están narradas por separado pero que rematan cun final que as conecta. O relato está situado na ditadura franquista e a Alemaña nazi á altura dos anos 1940/1950. Trata, como xa dixen, de tres historias que aínda que teñan lugar en distintos sitios do mundo acaban por atoparse no mesmo, en Galicia. Unha delas é a de Günter, un neno alemán ao que dende pequeno o seu pai lle inculcou que el estaba destinado a facer cousas moi grandes polo seu país e terminou por alistarse no exército. Outra é a das tres irmás: Lola, Amparo e Xulia, que levaban un pequeno negocio ao lado da estación en Rivadabia e axudaban aos xudeus a cruzar a fronteira. E, a última pero non menos importante, a de Frieda, unha muller á que lle morreron todos os seus familiares próximos por distintos motivos e que emprendeu unha longa viaxe dende Holanda ata América como destino. O tema deste libro é o sufrimento que non se ve no campo de batalla, o que se atopa nas casas e a solidariedade da xente que axuda aos demais sen esperar nada a cambio.
Memorias do Silencio é unha obra coa que a autora logrou dar visión ao enorme traballo que facía a xente dos pobos polos demais. Reflíctese perfectamente coa historia das tres irmás, pois elas (xunto tres homes máis) foron quen axudaron, neste caso, aos xudeus a escapar dunha morte segura. Ademais de enaltecer a valentía das irmás tamén aparece no relato a traizón, concretamente a través da historia de Günter e a forza de vontade para ser capaz de saír adiante sen importar os obstáculos que se presenten coma foi o caso de Frieda.
Penso que é un libro que pode gustar a calquera tipo de público, tanto ao xuvenil coma ao adulto. O libro fainos pensar sobre moitos aspectos da vida e reflexionar sobre o milleiro de cousas polas que debemos de estar agradecidos. Recomendo moito esta lectura, xa non só porque me gustara, senón porque realmente merece a pena descubrir o que verdadeiramente hai detrás de moitos acontecementos bélicos.
3 abr 2025
A VIAXE DO HEROE
O 25 de Marzo, coincidindo co Día Internacional de Leer a Tolkien, https://www.sociedadtolkien.org/blog/2025/03/10/dia-internacional-de-leer-a-tolkien-2025/ e como parte da Semana Cultural do Instituto, os profesores Jesús Iglesias do Departamento de Inglés, e Alfredo Lata do Departamento de Filosofía, impartiron unha charla a cerca da estrutura narrativa chamada "A Viaxe do Heroe", tal e como a describe o famoso mitólogo Joseph Campbell. Dita conferencia é o eixe central do Clube de Lectura do Curso 2ºESO A, en correspondencia cos libros lidos "O Hobbit: Historia dunha ida e unha volta" de J.R.R. Tolkien e "Harry Potter e a Pedra Filosofal" de J.K. Rowling.
A conferencia comezou por asimilar dita estrutura ao camiño espiritual interior dos peregrinos a Santiago de Compostela, afondando na orixe da estrutura na vida mesma de cada persoa, e como dita estrutura se reflicte xa nas primeiras civilizacións, como por exemplo no Libro Exipcio dos Mortos e a súa supervivencia no tempo a través de diversos medios, tan peculiares como as cartas do Tarot.
Na conferencia proxectáronse dous vídeos curtos: un fragmento dunha entrevista ao propio Campbell sobre o mito moderno de "A Guerra das Galaxias" de George Lucas, e unha animación describindo as etapas do camiño do heroe e a súa aplicabilidade á vida cotiá de cada persoa.
A continuación estudamos por medio de diapositivas as diferentes etapas da viaxe do heroe mediante imaxes das adaptacións cinematográficas e ilustracións de tres exemplos paradigmáticos: "O Hobbit", "Harry Potter" e "A Guerra das Galaxias". Ditas diapositivas foron comentadas polos profesores afondando nos aspectos filosóficos, literarios e éticos dos mesmos, e con achega dos alumnado, especialmente dos membros do Clube de Lectura. |
27 mar 2025
CONOCIENDO A ABAD, A BARROSO Y A LOS CHICOS DE LA ALGALIA...
El alumnado del Club de Lectura de 1º de bachillerato, tras leer El hombre que mató a Antía Morgade, de Arantza Portabales y haciendo uso de las herramientas que facilita la IA ha creado este interesantísimo vídeo sobre la autora y sobre los diferentes personajes que habitan en la novela. ¡Esperamos que os guste!
26 mar 2025
LENDO E ESCOITANDO POESÍA
Dentro do programa de actividades da Semana Cultural do IES de Curtis contamos coa presenza de Lúa Mosquetera que nos achegou a unha particular maneira de entender a poesía.
A actividade foi un éxito e o alumnado puido desfrutar do recitado de poemas do seu libro Espíderman acompañados dos sons da guitarra de Pablo Seixas.
Dámoslle as grazas a Lúa pola súa espontaneidade e por facernos ver que a poesía non é para nada aburrida.
24 mar 2025
VÍDEO RECENSIÓN SOBRE O HOME QUE MATOU A ANTÍA MORGADE
O esperado encontro coa novelista Arantxa Portabales ten que se adiar ao vindeiro luns por un imprevisto. Aquí a agardamos, cheos de interese por escoitala.
Mentres tanto e para que vaiades facendo boca, aquí vos deixamos a recensión en formato audiovisual que veñen de facer dúas alumnas de 1º de bacharelato sobre O home que matou a Antía Morgade, de Arantxa Portabales.
Escoitádea, merece a pena!
22 mar 2025
DIÁRIO DE UMA TOTÓ
Durante este segundo trimestre do curso no Club de Leitura de Português estivemos a ler Diário de uma Totó de Rachel Renée Russel. A experiência leitora do ano passado com Diário de um banana de Jeff Kinney foi muito boa e essa foi uma das razões pelas que escolhemos este livro.
Diário de uma Totó conta a história de uma menina chamada Nikki. Ela escreve tudo no seu diário, fala da família, amigas... sempre com muita imaginação e diversão. Um dia o seu diário desapareceu e ela entrou em pânico, com medo de que alguém o lesse. Ela contou-lho as suas amigas e empeçaram a busca-lo, enfrentando situações engraçadas e também aprendendo alguma lição bem interessante.
Alguns dos comentários dos leitores e leitoras de 3º ESO foram os seguintes:
Gostamos muito do Diário de uma Totó, porque é muito fácil e rápido de ler. As histórias que conta a Nikki são muito engraçadas. Pareceu-nos muito divertida a parte quando entram no balneário dos rapazes para buscar o seu diário perdido ou quando a Nikki está em casa e a Brianna lho devolve. Outra cena que nos pareceu bem curiosa foi quando esteve a tentar atopa-lo no lixo.
O livro é doado de ler já que não emprega um vocabulário complicado e conta histórias muito próximas a nós que lhe podem passar a miúdos da nossa idade. Ademais tem muitos desenhos e espaços em branco para poder escrevermos também lá o nosso diário.
Neste link pode-se consultar o Vocabulário
Xiana, Sara, Noa, Alba e Antón ( 3º ESO A e B)