1 nov 2017

ESTAMOS A LER...



           Iniciamos curso introducíndonos de cheo no Samaín e  deixándonos levar pola maxia do misterio. Comezamos coa lectura dun clásico da literatura universal: Frankestein de Mary Shelley   (1º da ESO) e cunha selección de As fronteiras do medo de Agustín Fernández Paz  e dos inquietantes contos que Xosé Miranda nos ofrece en As mans do medo (2º da ESO). Os membros máis novos do noso club completan lectura inicial co relato  “Las babuchas fatídicas” extraído de Las  mil y una noches.

Os rapaces e rapazas de 3º da ESO mergulláronse na lectura de dúas obras que colleitaron grandes éxitos no noso club: Clara dice de Carlos Roncero e El niño en la cima de la montaña de John Boyne. Os perigos das amizades a través de  Internet e a vulnerabilidade dos adolescentes ofrecerán, sen dúbida, moitos temas de conversa nas sesión de análise da obra de Roncero.  O libro de Boyne (autor de O neno do pixama a raias) transportaraos á época da 2ª Guerra Mundial,  deixando unha desacougante visión sobre os perigos das ideoloxías.



            

           Un dos grupos de 3º da ESO de Cultura Clásica están a ler  Ana y la Sibila de Antonio Sánchez Escalonilla. Este libro  narra a historia dunha rapaza chamada Ana que, mentres contempla fascinada os frescos da Capela Sixtina, recibe una chamada de auxilio da Sibila de Cumas. A partir de aquí, a protagonista, co seu compañeiro Mario e coa axuda do gardián do edificio viaxarán ao pasado para intentar liberar a Sibila do seu horrible destino: vivir mil anos. Outra das lecturas  propostas para este  grupo é  Metamorfosis de Ovidio, un libro que relata historias míticas nas que os protagonistas se transforman en árbores, animais, rocas... Nelas, o autor intenta, en xeral, mostrar as debilidades do ser humano.

           Os Fendetestas de Francés  entrarán de cheo na maxia dun clásico da literatura universal: Le Petit Prince de Antoine de Saint-Exupéry. O amor, a amizade e o sentido da vida son algunhas das reflexións que contén esta fermosa historia que engaiolou e engaiola a lectores de todo o mundo.

Para rematar esta toma de contacto, os rapaces e rapazas de 4º da ESO e 1º de Bacharelato comezaron a lectura dunha fermosa historia que os vai facer meditar sobre a cruel realidade dos exiliados: A neta do señor Linh de Philippe Claudel.

12 oct 2017

UN ANO MÁIS

 


    Comezamos nova andaina no Club de Lectura Fendestestas. A ilusión por ler, compartir e intercambiar as nosas impresións son os  intereses que nos unen e que sustentan os obxectivos do noso club. Somos case sesenta persoas (cinco profesoras e cincuenta e catro alumnos e alumnas distribuídos en nove grupos) dispostas  unha vez máis a mergullarnos no pracer da lectura, accedendo aos múltiples mundos e historias que os libros nos ofrecen. 

    Como novidade, este ano iniciamos a sección de Cultura Clásica, coordinada por Hortensia Blanco  e a lectura en  Francés, guiada por Marisol Taboada. Tamén damos a benvida a outra  nova incorporación ao noso grupo de apaixonados pola lectura: Sandra Fernández, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura. 
    
    Felices e proveitosas lecturas!

                                             

28 jun 2017

EU LEO PORQUE...


Para rematar o curso deixámosvos un vídeo elaborado polos rapaces e rapazas de 2º ESO onde nos contan as razóns polas que a lectura é tan importante para eles.


Ler from mbcentoiraclase on Vimeo.

12 jun 2017

O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA



    Para rematar o curso escollemos como lectura  un libro de César Mallorquí  titulado O último traballo do señor Luna. O autor é o mesmo de As lágrimas de Shiva, obra que xa propuxemos no club Fendetestas en varias ocasións, e sempre con grande èxito.

        O señor Luna é un asasino a soldo que foi contratado por un narcotraficante para atopar a  unha muller   boliviana chamada Flor Huanaco.  Esta  provocara a perda dun cargamento de droga  por valor de cen millóns como vinganza pola morte do seu marido. Na súa fuxida de Sudamérica marcha a España  coa súa filla Samara a traballar  como asistenta cunha familia  que ten un fillo chamado Pablo. Este faise amigo de Flor, mentres o señor Luna contrata a un grupo de rapaces  de ideoloxía radical para localizar á fuxida.  Un dos membros da banda resulta ser o mozo da rapaza que lle gusta a Pablo.

       Só vos imos contar esta parte da historia agardando que vos interese e que vos animedes a lelo. A nós, Fendetestas de 1º ESO, gustounos moito e pareceunos un libro moi  entretido cun final sorprendente. Na reunión que tivemos, comentamos que é unha obra que nos ensina a respectar aos demais  e a comprender os motivos polos que determinadas persoas actúan de xeito incorrecto. Neste sentido é moi importante o personaxe do señor Luna; despois de saber como foi a súa infancia entendemos mellor por que se dedicaba  a ser asasino a soldo. De todos os xeitos, ao final da obra actúa dunha maneira moi diferente ao que podiamos esperar.  Pero iso xa o saberedes cando o leades...

                                                                                                                            Ángela e  Idaira (1º ESO)

5 jun 2017

LA HISTORIA DE JULIAN


     Ayer, en 1º de ESO,  tuvimos nuestra última sesión del Club de Lectura por este curso. La dedicamos a hablar de la última novela que hemos leído: La historia de Julian, de J.L. Palacio. Nos había gustado mucho La Lección de August y por eso dedicimos escoger este título para saber algo más de este peculiar personaje. 


    ¡Qué determinantes son nuestros padres, nuestras familias en nuestra manera de hacer las cosas, de relacionarnos con los demás, de ver el mundo! Los padres de August y los de Julian son la cara y la cruz de la moneda: August es como es porque tiene una familia maravillosa; Julian hace lo que hace porque sus padres no actúan correctamente, son elitistas, están llenos de egoísmo y les falta empatía con los demás, por eso Julian reproduce en el colegio lo que ve en su casa...  Pero la grand-mère de Julian va a abrirle los ojos, va a hacer que se dé cuenta de su error con August: sus padres podrán aprender de él y corregir sus fallos. Nunca es tarde para mejorar. 


     La lección de August y La historia de Julian nos presentan dos personajes opuestos, reconocibles en actitudes con las que convivimos a diario y con mucho que enseñarnos sobre nuestra manera de relacionarnos con los demás.  ¡Animaos a leerlos, os gustarán!


     Despedimos la actividad en el Club llevándonos a casa un libro que podíamos elegir entre un lote que el centro consiguió a través del expurgo de tres bibliotecas cercanas: nos vamos de vacaciones, pero seguimos leyendo en verano...

                                                                                            Adrián,  Nerea, Andrea, Claudia, Zaira , Marcos y  Paula  


2 jun 2017

O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE


          Christopher Boone é o protagonista  desta novela de M. Haddon. O rapaz  ten 15 anos e coñece todos os países do mundo, as súas capitais e cada número primo ata 7.057. Encántanlle as matemáticas, relaciónase ben cos animais, pero non ten a comprensión das emocións humanas. Non soporta que o toquen e busca sempre a rutina, a orde e previsibilidade no seu día a día, xa que iso faille sentirse seguro e a salvo.

        A anterior descrición corresponde a un neno con Síndrome de Asperger, un subtipo de Autismo comprendido dentro do espectro autista, cuxas características principais son a dificultade na interacción social, afectividade e comunicación, falta de empatía e de sensibilidade cara aos demais, tendencia ao egocentrismo, inxenuidade e credulidade, falta de coñecemento dos límites e das normas sociais, así como os intereses restrinxidos e repetitivos.

      Tamén Christopher presenta certa obsesión pola rutina, a orde e por converter en rituais actos cotiáns. A diferenza principal entre a Síndrome de Asperger e os demais subtipos do espectro autista é que estas persoas non presentan un atraso na súa intelixencia, sendo ás veces superior á media, como no caso dos autistas de alto funcionamento. 

       Na novela, vive co seu pai, separado da nai: ela escríbelle a miúdo, pero o pai agocha as cartas e faille pensar que ela está morta. Cando descobre a verdade, o rapaz marcha da casa na busca desa figura tan importante na súa vida: proponse chegar a Londres e consígueo, demostrándolles aos demais e a si mesmo a súa capacidade para enfrontar problemas.

- O momento que máis me gustou do relato foi o reencontro coa nai, porque non podía imaxinar que se abrazaran. Iso en Cristopher quere dicir moito.       María Casal (1º Bac A)

- Deixoume sorprendida o momento en que o rapaz atopa no armario do pai as cartas que súa nai lle fora enviando: iso é o que o impulsa a marchar, mostrando unha grande valentía. Sentín moito rechazo polo pai nese momento.                             Patricia Vázquez    (1º Bac A)

- O final gustoume moito: Cristopher medrou ao longo da novela, agora sabe que é  quen de lograr os obxectivos que se propoña. É un personaxe que atrae moito, é case imposible non empatizar con el.                                  Marta Varela (1º Bac B)