11 nov 2009

Mary Shelley. O monstruo.


Para Mary Shelly a condición particular da muller adquiría ,no século XIX, novas dimensións, volvíase significativa . Moitas das súas reflexións, inquietudes e aspiracións quedan no monstro de Frankenstein.
A Criatura é un ser inexperto, de aspecto estraño, que provoca rexeitamento e burlas. A ausencia de afecto e comprensión que lle acompaña esperta nel sentimentos de frustración, que condicionan a súa conduta. O monstro expresa a percepción que teñen os homes do corpo das mulleres, e sobre todo algúns intelectuais.
Para Mary Shelley escribir a novela foi falar da súa historia persoal, quixo expresar o enorme potencial da súa sensibilidade encerrada nun corpo que os outros con dificultades recoñecen como diferente. Esa é precisamente a gran loita deste monstruoso ser, o cal, cando se dá conta das posibilidades da linguaxe atrévese a pedir o máis lóxico e consecuente: unha parella.A historia dese corpo (o feminino a final de contas), perdeuse na oprobiosa crenza dos homes de que os corpos das mulleres son só receptáculos para a reprodución da especie. Por iso a reconstrución da historia dos seus propios corpos é un elemento fundamental na recuperación do sitio que verdadeiramente lles pertence e pertenceu sempre ás mulleres.
Trátase dun monstro deseñado a partir de pedazos de seres humanos, que termina desenvolvendo as súas propias ideas e sentimentos; unha creación abominable que contradi todas as crenzas predominantes até o momento, sobre os resultados e efectividade da ciencia. Pero ademais, é un procreo que ten unha sensibilidade moi particular, con aspiracións á comunicación propias das mulleres. Cando chora coa música, ou coa desgraza dos demais, é Mary Shelley a que nos está expresando as súas propias conviccións, as cales se atopan atrapadas nun corpo monstruoso (ou así o percibe) totalmente inaceptable para o común dos mortais. Só un cego en última instancia termina por aceptalo e recoñecelo como outro ser humano, que é ao que aspira, a pesar do seu ignominiosa monstruosidad.

No hay comentarios:

Publicar un comentario