Onte tivemos a nosa segunda reunión do club de lectura: somos un grupiño de dúas mozas e catro mozos de 4º ESO ós que nos gusta ler e falar do que lemos, do que coñecemos, das nosas experiencias... Estivemos dando unha voltiña polo mundo da literatura de medo, por aquelo das datas nas que estamos, xa sabedes.
Lemos dous relatos curtos, ámbolos dous de intriga e terror:
Castigo de Dios, de Álvaro de la Iglesia e
La mujer alta, de Pedro A. de Alarcón, ben distintos, por certo, entre si. Aproveitamos tamén para falar do terror físico e do psicolóxico e tamén de todo aquelo que nos da medo a cada quen: A VIOLENCIA, A GUERRA, A ENFERMIDADE, A ESCURIDADE, O ABUSO, A DESTRUCCIÓN, O SOBRENATURAL, A MORTE, A SOIDADE...
Que saibades que empezamos nestes días a ler unha obra completa: ímonos á época da guerra civil española con Cielo Abajo, de Fernando Marías. Xa vos ccontaremos.