11 oct 2021
18 jun 2021
COMETAS EN EL CIELO
Cometas en el cielo
relata a historia de dous pais e dous fillos, da súa amizade e de como o destino
xoga as súas cartas na historia das súas vidas. Ambientada en Kabul
(Afganistán), unha cidade dominada pola tradición e costumes ancestrais, en
pleno conflito bélico, sitúase a historia de dous rapaces de diferente clase
social: Amir e Hassan.
Amir (un rapaz da etnia pasthún, clase acomodada que domina a política e a economía de
Afganistán) é o narrador da historia. Fillo dun home cunha situación
privilexiada en Kabul, soña con ser escritor. A pesar de contar con todos os
luxos, non é feliz debido á falta de cariño paternal e refúxiase no afecto do
seu mellor amigo, Hassan. Este é un
rapaz da etnia hazara, un grupo
considerado de clase inferior, mais a pesar diso é o único amigo de Amir
e tamén o seu medio irmán. Hassan
defende e protexe a Amir en todo momento; ademais é un neno valente,
intelixente e xeneroso que sofre o racismo e o desprezo por ser hazara. Para impresionar a seu pai, Amir, tenta a toda costa gañar a competición
anual de cometas, aínda que sexa co risco de poñer en perigo a amizade de Hassan que é o seu servente e compañeiro de
xogos dende a infancia.
Tras vinte anos nos Estados Unidos, unha chamada telefónica fai que Amir regrese a un novo Afganistán dominado polo réxime talibán. Tantos anos despois Amir tratará de poñerse en paz co seu pasado. A historia sucédese nun contexto que vai entre a caída da ditadura de Afganistán, a subida dos talibáns ao poder e a emigración dos refuxiados cara aos Estados Unidos.
Foron
moitos os temas tratados a raíz da lectura deste libro. Podemos sintetizar os máis
relevantes:
- Os réximes
totalitarios e as súas inxustizas
- O
abuso do poder
- As
desigualdades sociais e culturais
- A
amizade
- O
maltrato psicolóxico
- As
carencias afectivas
- As
familias desestruturadas
- A
importancia da motivación na vida
- A
capacidade de perdoar e emendar os erros do pasado
- As
migracións forzosas, a problemáticas dos refuxiados e os efectos das
guerras.
- O papel das mulleres nestas sociedades.
Rematamos
cunhas breves valoración dos lectores e lectoras que ofrecen unhas pingas a xeito
de mostra do compoñente emotivo que esta lectura lles achegou.
Ariadna Fernández:
É
unha maneira moi interesante de coñecer un pouco mellor a
historia do mundo no que vivimos.
María
Conde:
Trátase
dun libro que contén moito sentimento e que achega valores ao lector. Ademais,
axúdanos a coñecer dende cerca temas como o mal da guerra ou as diferenzas
sociais.
Anxela Roca:
Amir
recorda unha serie de traumas vividos en Afganistán cando era un neno.
Nuno Couso:
Cometas
en el cielo narra a amizade de Amir, rapaz cunha acomodada posición social, e
Hassan, o seu criado de clase inferior. Esta diferenza de clases non lles
impide quererse e entenderse de maneira incondicional.
LA FABULADORA
Na última sesión deste curso do Club do grupo de 2º da ESO falamos do libro La fabuladora de Marisol Ortíz de Zárate. Desta vez imos compartir as nosas impresións dun xeito un pouco diferente: a través dunha nube de palabras que esperamos que resulte suxestiva e vos anime a lelo.
13 jun 2021
LENDO EN INGLÉS
A primeira actividade durante o primeiro trimestre foi
a presentación dun libro recomendado pola profesora, The Tattoist of Auschwitz de
Heather Morris, lendo algúns dos fragmentos máis significativos en inglés e
abrindo un debate sobre o significado do holocausto e a vida nos campos de
concentración.
A partir de aquí, cada un de nós realizou unha
presentación en inglés sobre un libro. Os títulos foron variados: The Hunger Games de Suzanne Collins, After
de Anna Todd, O Corazón de Xúpiter de Ledicia
Costas, El Rostro de la Sombra de Alfredo Gómez Cerdá, La
Tuneladora de Fernando Lalana e La Villa de las Telas
de Anne Jobs.
Por último eliximos un aspecto dos presentados en
Escocia e trasladámolo ó noso país, para facer un proxecto no que se destacasen
as diferenzas e similitudes. Os traballos desenvolvidos foron: lugares emblemáticos,
personaxes da nosa cultura, historia, comidas típicas, festivais e
celebracións.
Descubrimos un pequeno país pero con grandes cousas
que ofrecer e practicamente descoñecido para nós. Resultounos especialmente
interesante a cantidade de características comúns que compartimos aínda estando
tan lonxe.
Club de Lectura de Inglés de 2º ESO A e B
ACABADORA
Acabadora, de
Michela Murgía, é unha novela ambientada nos anos 50, nunha vila de Sardeña
(Italia).
Bonaria Urrai, unha viúva de case sesenta
anos, decide acoller como fill'e anima a María Listru, unha nena de seis
anos, orfa de pai. A partir dese momento, María comeza a vivir coa anciá, levando unha vida como se fosen nai e filla.
Bonaria encárgase de que á nena non lle falte nada e vaia á escola, e a nena
axúdalle nos labores e co traballo de costureira que é ao que se adica a
señora.A convivencia é boa durante anos, pero segundo se vai facendo maior,
María comeza a preguntarse porque ás veces a tía Bonaria, como ela a chama, sae
polas noites, e ao día seguinte, hai un falecido na vila. A pesar dese estraño
feito, a rapaza non fai ningunha pregunta, ata que un desafortunado suceso, fai
que María descubra o segundo oficio de Bonaria: o de acabadora. É aí cando a
anciá ten que darlle explicacións á rapaza, a cal decide marchar e comezar unha
nova vida, xa que non está de acordo coas prácticas da tía. María vai vivir cunha nova familia adiñeirada
como coidadora de dous irmáns cos que inicia unha relación moi especial, sobre
todo co rapaz chamado Piergiorgio. Regresa á casa despois de recibir a nova de
que Bonaria sufrira un ictus e que necesita a súa axuda.
Esta obra trata temas polémicos como a
eutanasia Nese sentido cómpre salientar, ademais das dúas mulleres protagonistas, o personaxe de Nicola, un mozo
da aldea que sofre a amputación dunha perna, feito que lle provoca unha forte
depresión. El pide axuda a Bonaria e,
ela, finalmente accede a rematar co seu sufrimento. A historia de Nicola deunos pé para
falar e reflexionar sobre temas como a legalidade da eutanasia, recentemente de actualidade. Este é un tema moi controvertido e pensamos
ten que aplicarse en casos moi extremos.
Ao longo da obra que, a pesar da súa brevidade é moi
intensa, móstranse unha gran cantidade de
temas secundarios asociados sobre todo a diferentes sentimentos como:
- Soidade: María ao comezo da obra séntese soa e non ten
a ninguén sobre quen apoiarse.
- Amor: a
"historia de amor" entre Andría (irmán de Nicola) e María, e tamén
entre María e Piergiorgio.
- Amizade: María e Andría teñen unha gran amizade e apóianse mutuamente, por exemplo cando Nicola morre.
-Tristeza: polo
sufrimento que vai aparellado á enfermidade e á morte.
- Amabilidade e
fidelidade: como se ve ao longo da obra cando María intenta axudar aos demais e
como remata regresando para coidar á súa nai adoptiva.
- O perdón: representado por María que, finalmente,
consegue entender as accións de Bonaria.
Outros temas presentes de xeito indirecto son as relacións familiares, a maternidade, a pobreza e as dificultades económicas, os abusos sexuais (historia do pasado de Piergiorgio)...
Tamén nos chamou a atención as mencións que aparecen ao
longo da novela ás tradicións populares como o costume de deixar abertas as
portas das casas aos defuntos a noite anterior ao día de Todos os Santos ou a
crenza de que as imaxes relixiosas que tiñan os moribundos nas súas habitacións
protexíanos e non lles permitían morrer.
Pero sen dúbida o que máis nos impactou foi a existencia da profesión de
acabadora e como poñía fin ás vidas das persoas que non querían sufrir
máis. Unha novela conmovedora que nos fala da vida e da morte,
dos sentimentos e da complexidade do ser humano.
6 jun 2021
XIII XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA
O pasado 4 de
xuño tivemos a oportunidade de volver á tan desexada presencialidade coa celebración da
XIII Xornada dos Clubs de Lectura. Velaquí unha breve crónica do mesma.
Comezamos o día asistindo á entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2021 á escritora Eva Mejuto (22 segundos e Memoria
do silencio). A autora tamén nos falou sobre un recurso ben interesante
para os clubs: o álbum ilustrado. Amosounos álbums de todo o mundo e rematou a
súa intervención coa lectura da súa última obra: A lavandeira de San Simón.
Ao longo do día
a oferta temática foi moi plural e variada. Mergullámonos na historia e na literatura da man de autores de recoñecida traxectoria como Manuel
Gago, Héctor Carré e Xabier Quiroga. Aprendemos doutras experiencias de
diferentes clubs espallados pola xeografía galega que compartiron con nós as
súas propostas organizativas e temáticas. Reflexionamos sobre o papel da lectura na
sociedade actual coa escritora Marta Sanz. Valoramos a incorporación dos booktubers
ao mundo das lecturas compartidas con José Miguel de Tomasena. Rematamos
escoitando a Miguel Anxo Prado que compartiu con nós a súa experiencia no proceso
de creación literaria. Sen dúbida, unha xornada repleta de ideas e suxestións
que poñer en marcha!
![]() |
2 jun 2021
ALL ABOUT IRELAND
As integrantes do Club de Lectura de 1º de bacharelato de Inglés leron este curso un libro que lles permitiu coñecer mellor un país co que temos moito en común: Irlanda. A través da lectura achegáronse á súa xeografía, ós seus mitos e lendas, á súa cultura e, por suposto, aos seus costumes e ás súas arraigadas tradicións. Compartimos os seus comentarios sobre a obra.
Something that we liked about this book was the typical Irish dance. We read about Michael Flatley and we saw a video of people dancing a with a mixture of traditional and modern music.
We became surprised with the Irish celebrities since we got to know that Liam Neesan and County Lauth, from example, were from Ireland.
We also learnt about the Irish myths and legends that Ireland is famous for. Our favourite ones were those of the Leprechauns and the Children of Liar.
Raquel
Bernárdez, Brenday Rey, Lucía Taboada (1ºbach B)
This book is about the island of Ireland. On of the most appealing aspects is the Irish geography, especially the the Gigant’s causeway. It’s a popular tourist attraction over we ground with 40 000 columns of basalt.
Other interesting thing is the celebration of Saint Patrick’s Day on 17th March. This is a national holiday in Ireland. People go to church and the return home have a meal with the family. Irish usually wear green clothes or something with a shamrock on it.
Sara
González, Vanesa Combo (1º bach B)
27 may 2021
12 AÑOS DE ESCLAVITUD
Este lunes nos hemos quedado en el instituto a mediodía y hemos visto, los fendetestas de 3º de ESO, la magnífica película, premiada con varios Oscars, 12 AÑOS DE ESCLAVITUD, dirigida por Steve Mcqueen.
Después de leer algún relato de Mariano Vara relacionado con la trata de gente de raza negra, recogido en su libro Los renglones torcidos, nos pareció muy apropiado ver una película que retratase con todo el realismo las miserias de la esclavitud.
La película arranca de la autobiografía de Samuel Northup, un ciudadano negro que vive con su familia en Nueva York alrededor de mediados del siglo XIX. Los estados del norte eran abolicionistas, pero no sucedía así con los del sur, que necesitaban esclavos para trabajar en sus grandes plantaciones. El pobre Samuel es secuestrado por una especie de mafia y se convierte en un esclavo de la noche a la mañana: estará doce años trabajando en las plantaciones, hasta que un carpintero canadiense escribe una carta a su familia para que alguien le traiga los papeles de hombre libre y lo rescate de esa pesadilla que vive.
Cualquiera de estos vídeos nos da información para entender cómo pudo suceder algo tan terrible como la trata de esclavos:
https://www.youtube.com/watch?v=mXp2NEqM8zE (De 1619 a 1865, un repaso por la historia de la esclavitud en Estados Unidos / 1m. 36 sg)
- https://www.youtube.com/watch?v=_PvnWNFCtwk (Hace 150 años el Senado de Estados Unidos abolía la esclavitud / 1m.)
- https://www.youtube.com/watch?v=O1IE9EICdlc (La vida en las plantaciones / 2 m e 22 seg.)
Aquí dejamos alguna de las reflexiones que hemos hecho en la tertulia posterior a la película:
Me parece terrible que sea una historia real (la película reproduce la autobiografía del Salomon de carne y hueso, que vivió realmente): eso acerca más los hechos al espectador, el cual puede sentir las penalidades a las cuales estaban sometidas las personas afroamericanas, por el simple hecho de tener un color de piel distinto al de los demás habitantes.
Recomiendo ver la película pues nos ayuda a educarnos en el respeto a los derechos humanos: si conocemos cómo fueron pisoteados en otras épocas, podremos luchar contra la repetición de los mismos errores. Conociendo películas como esta contribuímos a cortar de raíz el racismo en nuestra sociedad y a hacerla mejor.
(Salma)
El actor que encarna a Salomon me pareció fantástico: me parecía estar viendo al Salomon real. Realmente sentí mucha lástima por el personaje: es muy injusto que alguien quite la libertad a otra persona de la noche a la mañana, lo separe de su familia y lo venda a amos que lo maltratan. Nunca debería de haber sucedido este tipo de hechos. Por eso es importante conocerlos: para que no sucedan otra vez
(Julián Pérez)
21 may 2021
MALOS TEMPOS PARA OS FANTASMAS
O alumnado do Club de Lectura de 1º ESO A escolleu como lectura para o segundo trimestre Malos tempos para os fantasmas, de Agustín Fernández Paz. A obra encantoulles e sentíronse moi identificados coa protagonista, Marta, unha rapaza de once anos que debe enfrontarse a cambios profundos para os que aínda non está preparada. Nesta nova etapa non estará soa, conta coa axuda dunha pantasma que, por medio de mensaxes a través do ordenador, lle axudará a adaptarse e asimilar a nova situación.
O alumnado usou o Whatsapp como canle actual de comunicación para expresar a súa opinión sobre o libro.
1 may 2021
Booktráiler: A banda sen futuro
Ariadana Fernández fainos unha proposta desta interesante lectura a través deste suxestivo vídeo:
LENDO E FALANDO DE POESÍA CON CARLOS NEGRO
O encontro literario con Carlos Negro desenvolveuse nesta ocasión na biblioteca de xeito virtual a través de videoconferencia. Gardando a distancia de seguridade necesaria diriximos as nosas miradas a unha pantalla instalada diante dos andeis que conteñen os libros. Comezamos cunha pequena presentación realizada por María Conde e Ariadna Fernández para pasarmos despois a escoitar poesías na voz do autor.
Falounos da importancia deste xénero literario para conseguir
entendernos mellor a nós mesmos e da capacidade que as palabras teñen para
interpretar a realidade. Fixo fincapé en que a poesía non ten por que resultar
seria e aburrida. Para demostrárnolo, leunos uns poemas dunha autora valenciana
e, a continuación, un de Fran Alonso. A
continuación, pasamos a centrarnos nas
súas obras e fixo unha selección de poemas de
Makinaria, Masculino singular, Penúltimas tendencias e Aplicación
instantánea. Reflexionamos con el sobre os perigos da condución
irresponsable, os estereotipos de xénero, a masculinidade tradicional, o
necesario feminismo...Foi moi interesante escoitar por boca do autor os textos
que nós leramos previamente, acompañados dunha posta en escena moi particular
na que colaboramos todo o que a distancia nos permitiu.
Moitas grazas, Carlos pola túa
amabilidade, atención e dedicación coa que contestaches ás nosas preguntas.
Agardamos verte axiña en persoa no noso centro!
O QUE APRENDEMOS SOBRE O ACOSO...
Recollemos deseguido algunhas das nosas impresións sobre a conferencia de Iñaki Zubizarreta:
Nas súas palabras e na súa expresión notábase que sufriu moito no pasado. Aprendín que as bromas poden ser perigosas, hai que paralas e non quedar en silencio.
Xabier Cartón 1º ESO
O acoso é unha realidade e é algo moi grave. A súa historia foi conmovedora e ensinounos como frear esta situación; pois, por desgraza, isto sucede a diario.
Alexandra Sousa 1º ESO
A charla estivo moi ben explicada e serviunos para reflexionar sobre as situacións que poden estar sufrindo algunhas persoas e aprender a poñerse no lugar dos outros. Hai que tratar aos demais como nos gustaría que nos tratasen a nós.
Laura García 1º ESO
Foi unha charla impresionante e tremendamente emocionante. Fíxonos reflexionar sobre as tremendas consecuencias que pode ter para unha persoa vivir unha experiencia así. Non podemos entender como alguén pode ser tan cruel e facerlle un dano tan terrible a outra persoa. Tampouco comprendemos a actitude da profesora, que non fixo nada para axudalo e incluso axudou a empeorar a situación. O que máis claro nos quedou foi que se vemos ou sufrimos algún tipo de acoso, hai que avisar a un adulto..
Club de lectura de 2º ESO
Nunca pensei que alguén puidese chegar a eses extremos. Cando escoitas a Iñaki contándoo en primeira persoa decátaste do sufrimento tan grande que viviu.
Noa Seone 2º ESO
Foinos narrando paso a paso o acoso que tivo que soportar dun xeito moi ben artellado. Isto conseguiu que nos puxésemos no seu lugar e nos emocionásemos moito.
Teresa Conde 2º ESO
Impresionoume moito cando contou como lle meteron a cabeza no retrete para obrigalo a comer os excrementos dun dos acosadores. Pareceume horrible e quedei conmocionado o resto do día.
Julián Pérez (3º ESO)
Un exemplo de superación persoal e resistencia para moitos nenos e adolescentes que o pasaron moi mal ou aínda o seguen pasando.
Julián Merelas (3º ESO)
O que máis me impactou foi cando contou que o tempo que pasou fronte o acantilado se lle fixo eterno. A charla serviume para decatarme de que non pode haber silencio ante cousas tan terribles como as que lle facían .
Aitor Roca (3º ESO)
Iñaki contounos os efectos que deixa nas vítimas que sofren ou sufriron acoso e tamén nos transmitiu como a rabia e a ira puideron entrar nel anos máis tarde dos acontecementos.
Ánxela Roca (4º ESO )
A rabia contida e a ira constante fixo que planease agredir e deixar á súa profesora por telo sometido a constantes humillacións en público. Acabou desbotando a idea e decatándose de que non ía arranxar nada dese xeito. O Iñaki actual é completamente diferente: xa non está dominado pola ira e as persoas que llo fixeron pasar tan mal xa non ocupan nin un oco nos seus pensamentos.
Nuno Couso (4º ESO)
Foi incrible a forma na que nos transportou á súa realidade, facéndonos sentir parte dela e emocionándonos de maneira incrible. Cando saín da charla de Iñaki sentinme diferente. Non teño palabras para expresalo. Foi, sen dúbida, a mellor charla á que asistín na miña vida. Penso que todo o mundo debería ler Subnormal e gustaríame moito poder coñecelo de maneira presencial.
Ariadna Fernández (4º ESO)
Rematamos dándolle as grazas a Iñaki polo seu libro e por compartir a súa historia con nós e facer que nos decatásemos de que o acoso é algo moi grave que temos que parar entre todos.
29 abr 2021
SUBNORMAL
O pasado martes
20 de abril tivemos a honra de manter un encontro por videoconferencia con
Iñaki Zubiarreta sobre o acoso escolar. A terrible situación que viviu sendo un
neno deu pé para a creación dun libro de banda deseñada titulado Subnormal (Panini
Cómics, 2020 ) onde se relata a súa historia con debuxos de Miguel Porto e guión
de Fernando Llor.
O alumado do
primeiro ciclo da ESO e os integrantes
do Club de lectura do segundo ciclo asistimos a unha charla que nos impresionou
e emocionou dunha maneira que non é doado de explicar. Iñaki falounos da súa
experiencia persoal de acoso e de como a
súa elevada estatura o marcou como
diferente. O neno arrastraba unha situación familiar complicada que o converteu
nun obxectivo sumamente fácil. El non se
atreveu a dicirlles nada aos seus pais e tampouco contou para nada co apoio do
profesorado; pola contra, a súa titora contribuíu coa súa actitude no seu
proceso de falta de autoestima e introspección. Non foi quen de contarlle a un
adulto as tremendas humillacións ás que se viu sometido ata que o nivel de
acoso se fixo intolerable. O estado de depresión e de desánimo no que caeu
levouno a tentar quitarse a vida porque non vía outra solución posible. Finalmente, decidiu non suicidarse e
enfrontarse aos seus acosadores. A malleira que recibiu cando optou por
defenderse levouno ao hospital. A partir de aí a situación cambiou: os seus
pais tiveron coñecemento dos feitos e cesaron as agresións. Ademais as
características físicas de Iñaki e os seus dotes para o baloncesto fixeron que
destacara neste deporte, o que supuxo un estímulo e unha saída para el. Chegou
a ser xogador profesional de baloncesto e a xogar na liga ACB. De todos os
xeitos, as feridas non estaban pechadas e el compartiu con nós que a súa saúde
emocional estivo resentida durante moitos anos.
Afectoulle moito o caso dun rapaz
de Euskadi que non foi quen de aturar o acoso e puxo fin á súa vida. Ese suceso
desencadeou unha gran xenreira nel, intentando buscar culpables do caso de
Jokin e do seu propio e incluso, canalizou a súa frustración planeando vingarse da profesora que tanto
dano lle fixera. Contounos que necesitou moitos anos para decatarse de que el levaba
unha “mochila” moi pesada ás súas costas,
a cal tiña que asimilar e aprender a xestionar. Afortunadamente,
conseguiu superar o trauma persoal e converterse, como el mesmo nos dixo, “na
mellor versión de min mesmo”.
Ademais de contarnos a súa historia persoal, deunos unhas claves fundamentais para entender o mundo do acoso escolar. Chamounos a atención sobre o feito de que os acosadores escollen as súas vítimas tendo en conta o seu carácter e as súas circunstancias. Tamén nos dixo que hai tres tipos de acosadores: os líderes, os que secundan as acción deses líderes e os que colaboran de xeito pasivo; é dicir, os que coñecen a situación pero prefiren ignorala e mirar para outro lado. Destacounos a importancia de denunciar ante un adulto (pai, nai, profesorado...) calquera caso que poida implicar unha actitude de acoso. E sobre todo fíxonos ser moi conscientes de que este tema do acoso non é un xogo de nenos, é algo moi serio e, que pode facer moito moito dano e marcar a unha persoa para toda a vida. Tamén nos asegurou que, por desgraza, a situación non era tan diferente á vivida por el na súa infancia. A pesar das campañas de concienciación seguen existindo numerosos casos de acoso moi difíciles de detectar e de eliminar. Para que isto non suceda é fundamental a nosa actitude que nunca pode ser permisiva nin tolerante con estas accións.
20 abr 2021
17 abr 2021
PREPARANDO O ENCONTRO CON CARLOS NEGRO
12 abr 2021
EL SANDWICH DE MARIANA
Boa parte dos membros do club estamos a ler a novela gráfica Subnormal, de Iñaki Zubizarreta: nela trátase con toda a crudeza o tema do acoso escolar, sufrido polo autor ata límites ben extremos.
A curta El sandwich de Mariana, vén engadir un novo motivo de reflexión acerca do acosador e das súas motivacións. Aquí deixamos o enlace para que o vexades: seguro que a próxima xuntanza nos permitirá poñer sobre a mesa interesantes reflexións sobre esta terrible realidade que é o acoso, visibles no libro e na curtametraxe:
https://www.youtube.com/watch?v=f-8s7ev3dRM
Por certo, que ninguén pense que o acoso escolar é un fenómeno recente... Hai moito tempo que está, máis ou menos silente, latexando nas aulas. Mirade:
https://www.youtube.com/watch?v=WgiB06NNo5E (El encargado, curta)
7 abr 2021
PENÚLTIMAS TENDENCIAS
Ánxela Roca (4º ESO A) ilustra poemas de Penúltimas tendencias (Carlos Negro) na seguinte presentación.
LA MEMORIA DE LOS SERES PERDIDOS
A protagonista deste libro é unha rapaza chamada Estela
de dezanove anos que vive cos seus pais e coa súa irmá pequena. A familia mudárase
de Arxentina a Barcelona cando ela tiña só catro anos.
A súa vida cambia totalmente cando descobre que ela
era unha “nena roubada” na ditadura arxentina e que os seus verdadeiros pais
foran cruelmente asasinados polas súas ideas. A través dunha irmá da súa nai
coñeceu a historia familiar e a loita das nais e avoas da Praza de Maio que se
mobilizaron para reclamar noticias dos seus familiares desaparecidos. Tamén
soubo que o seu pai era militar, un membro do exército que rematou con miles de
vidas.
Estela vese obrigada a asimilar a terrible noticia da súa
orixe e ademais ten que pensar se debe contarlle a verdade ou non á súa irmá
que ten tan só dezaseis anos.
Precisamente este feito foi o que máis debate e comentarios
provocou na sesión que mantivemos para falar do libro. Todos estivemos de acordo en que a historia
nos pareceu á vez terrible e conmovedora. Tamén comentamos que foi doado de ler porque
está narrado dun xeito moi intrigante e con varias sorpresas que non son moi
agradables. A algúns resultáronnos moi fortes as escenas das torturas aínda que
valoramos que foi moi interesante coñecer unha historia tan impresionante coma
esta. Por uns momentos, puxémonos na pel da protagonista e decatámonos de que a
decisión de dicirlle a verdade ou non á súa irmá debeu ser moi difícil. Neste aspecto houbo división de ideas:
para uns, Estela debería terlle dito a verdade á súa suposta irmá e axudarlle a
buscar a súa familia; para outros, tomou a decisión correcta deixándoa vivir
feliz e allea á terrible historia familiar. De todos os xeitos, estivemos de acordo en que sería
moi difícil decidir que facer e que, calquera que fose a decisión sería moi dolorosa. En
xeral, gustounos o final aínda que algúns quedamos coa idea de que non se fixera
xustiza ao non denunciar ao pai.
Rematamos dicindo que nos pareceu unha lectura
moi interesante para os que queiran coñecer as
consecuencias que unha ditadura pode ter nas vidas das persoas.
Xacobe, Noa, Teresa,
Berta, Sara e Iago (2º ESO B)
23 mar 2021
DESCONOCIDOS: una novela que nos pone sobre aviso...
En 3º de ESO, algunos de nosotros hemos escogido esta novela de David Lozano como obra de lectura en estos últimos meses y no queremos que pase desapercibida para los lectores amantes de la intriga y de las redes sociales.
Aquí os dejamos algunos fragmentos de las reseñas que hemos elaborado. Esperamos que os animen a leerla: no os va a defraudar.
-Los personajes están bien construidos y despiertan interés en el lector. La subinspectora Irene Castell es una experta en hacer hipótesis y en deducir datos: es una buena profesional y muy creíble. Gerard destaca también en la novela, en este caso porque está muy humanizado: se enamora de Lara y siente unos nervios tremendos antes de quedar con ella, como cualquier adolescente de su edad.
- Uno de los grandes aciertos de la novela es la actualidad de los temas y lo cercanos que son para los adolescentes. Presenta de manera muy clara lo que sucede cuando no se tiene cuidado con el uso de las redes sociales: el contacto con desconocidos puede tener consecuencias terribles. También es importante la atención que se da a la falsedad de las personas: Fran nos pone sobre aviso frente a los falsos amigos y frente a la existencia de la maldad.
- Al leer este libro, me vino a la memoria Inbox, de Care Santos, que gira también en torno a la relación entre dos personas a través de la red y a la facilidad con que se puede suplantar la identidad detrás de las pantallas. Si os atraen las novelas sobre Internet y las redes, tomad también nota de este título: El rostro de la sombra, de Alfredo Gómez Cerdá: nuevamente veréis adónde puede llegar el mal uso de estos medios.
Laura Vázquez, Pablo Astray y Alonso García