Aquí os dejamos nuestro particular viaje por el mundo de los monstruos
19 dic 2013
18 dic 2013
FIN DE TRIMESTRE: REMATOU O TERROR
Levamos uns días sen reunirnos os fendetestas de 1º de ESO: tivemos moitos exames... e entón o tempo para ler... simplemente deixou de existir. Pero hoxe, xa case de vacacións, queremos xuntarnos para facer un pequeno balance do trimestre.
Lemos varios relatos de medo (La litera superior, El hombre lobo...), comentámolos e algunhas veces continuámolos, como no caso de Frankenstein. Fixemos tamén unha presentación con monstruos coñecidos da literatura e do cine. Mañán colgaremola no noso blog. Agora deixámosvos as opinións dalgúns de nós sobre este primeiro tramo do camiño do club:
- "Gústame vir ao club porque alí disfruto cos meus amigos" (Lucía Vigo).
- "Me encanta el misterio y aquí he leído obras de este tipo" (Bianca Mirciu)
- "Además de reunirnos, aprendemos historias de la antigüedad clásica" (Olalla Corral)
- " Gústame ler e aquí atopo un espazo divertido para facelo" (Xana Cartón).
- " Nos relaja poder sentarnos y charlar tranquilamente sobre lo que leemos" (Jennifer Astray)
- " No club aprendo a expresarme mellor" (Ara Vázquez)
Para rematar queremos deixarvos aquí o vídeo Thriller, de Michael Jackson, do que falamos tamén nas nosas terroríficas reunións deste trimestre.
16 dic 2013
A RATEIRA
Os Fendestestas de 3º e 4º estamos lendo A rateira, unha obra teatral escrita por Agatha Christie. Entre exame e exame reservamos un anaquiño para sumerxirnos no misterio das mans dunha verdadeira especialista no xénero. Antes de darvos conta das nosas impresións sobre este clásico da literatura universal deixámosvos este tráiler dunha das versión da obra. Aproveitamos para lembrar que The Mousetrap ten o récord de permanencia en carteleira na cidade de Londres, con máis de 20.000 representacións dende o ano 1952 ata a actualidade. Neste enlace podedes atopar máis información sobre Agatha Christie.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)