28 feb. 2020

RECIBIMOS AL ESCRITOR FERNANDO LALANA (MARTES, 3 DE MARZO)


   

     Nuevamente tenemos la oportunidad de recibir en nuestro IES a un escritor, en este caso Fernando Lalana, muy conocido por nuestro alumnado de la etapa de ESO, por ser uno de los autores más leídos no sólo en la materia de Lengua Castellana, sino también a través del Club de Lectura. 

    Escucharemos, pues, con atención las experiencias de alguien que domina el oficio de contar historias para los jóvenes con la maestría que aportan la experiencia y el talento. 

5 feb. 2020

LITERATURA E CINEMA: ADEUS A JOSÉ LUIS CUERDA


      
 Os  integrantes do Club de Lectura de 1º de bacharelato están inmersos na lectura de  dúas obras: Los girasoles ciegos de Alberto Méndez  e Que me queres, amorde  Manuel Rivas. As curiosidades do destino fixeron que esta escolla puxese en relación dúas obras fundamentais da literatura castelá e galega cun importante nexo común: ambas posúen magníficas versións cinematográficas dirixidas por José Luis Cuerda.





     Desafortunadamente, redactamos esta entrada no blog lamentando o recente falecemento deste director, guionista e produtor que desenvolveu gran parte da súa carreira cinematográfica cunha importante vinculación coa nosa terra e a nosa cultura. A súa relación con Galicia ía dende o profundo coñecemento que tiña da literatura galega ata o seu apego á provincia de Ourense onde posuía unha adega na que  elaboraba viño do Ribeiro. 

     Na súa filmografía destaca a versión da novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez, El bosque animado (1987). Posteriormente adaptou para a gran pantalla  A lingua das bolboretas (1999) versión cinematográfica de tres relatos do libro Que me queres, amor? de Manuel Rivas.  Foi galardoada co Goya ao Mellor guión adaptado, premio que tamén acadou con Los girasoles ciegos (2008). Anos despois adaptaría para o cine outra novela de Manuel Rivas: Todo é silencio (2012). 

     Mención especial merece a denominada  triloxía surrealista  integrada por Total  (1983),  Amanece que no es poco  (1988) e  Así en el cielo como en la tierra (1995). Como produtor, destacou a súa participación nas longametraxes de Alejandro Amenábar: Tesis (1996), Abre los ojos (1997) e Los otros (2001).



     Curtisbiblio e o Club de Lectura Fendetestas queren manifestar o seu recoñecemento ao labor desenvolvido por este cineasta que soubo conxugar e relacionar de maneira persoal e excepcional literatura e cinema. O seu legado feito arte pervivirá para sempre.