5 abr. 2017

RINDO COS CONTOS DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ



 Os fendetestas de 1º de ESO sabemos que non hai moito foise un dos escritores de maior calidade da literatura galega: Agustín Fernández Paz. Nestes días, as profesoras de galego andan a traballar  nunha homenaxe a este novelista tan coñecido e admirado.
 Desde o club de lectura, nós tamén nos sumamos á súa iniciativa e  adicamos un par de sesións a falar dunha das súas obras máis coñecidas: Contos por palabras, onde crea relatos a partir de anuncios dos xornais. Velaquí o argumento dos que máis nos gustaron: animádevos a lelos!

- Ao comezo do libro o autor conta que era un gran lector de xornais, pero que non entende por que a xente anónima aparece tan pouco neles. Decidiu deixar de lelos e contoulle a unha amiga a súa preocupación: ela desengánao dicíndolle que non é certo o que pensa. Se lese os anuncios por palabras, daríase conta. E aí esta a orixe do libro: ao día seguinte compra o xornal e dase conta: detrás de cada anuncio hai unha historia. En Contos por palabras el vainas reconstruir…

- En Un artista do neón, o protagonista é un empregado dunha tenda que fai rótulos luminosos. O problema é que cando lles fan unha encarga a el non lle gusta nin a mensaxe do cartel nin a súa decoración: entón cámbiao todo... E, claro, algúns clientes acceden, pero outros póñense moi, pero que moi enfadados... Total que acábano despedindo. E el, que aínda hoxe está no paro, pensa que non van atopar ninguén tan bon  coma él. 

 - O caso do estraño empregado lévanos a unha funeraria, onde o dono busca un axudante. O certo é que recibe a chamada dunha persoa ben rara: despois de informarse sobre o que quere,  pensa que é o candidato ideal. O que non imaxina é que parece tratarse dun vampiro: que listo, sabía ben o traballo que lle conviña!! 
    E un relato que chama a atención porque é todo dialogado, pero so sabemos o que di o dono da funeraria: o que din do outro lado do teléfono témolo que imaxinar. 


- Raquel Souto é a protagonista de Noites de lúa chea: trátase dunha rapaza que traballaba nun Salón de Beleza. Viu un anuncio onde poñía: "Urxe manicura". Chamou e dirixiuse á mañán seguinte á casa do cliente: era Arthur Wolfang, de raíces nobres. 
A verdade é que a Raquel deulle que facer aquela manicura: o home tiña as uñas negras e grandes. O que non sabía ela é que ía ter que ir moitas veces facerlle o mesmo traballo: Sir Arthur tiña sobre si unha maldición e cada noite convertíase en lobishome.  Ao final ela desapareceu: namorouse de sir Arthur e casaron. 

- Todo comezou o día en que o protagonista cumpriu corenta e dous anos. Levaba varios meses un pouco deprimido, pero a pesar diso non perdera a esperanza e tiña a ilusión de que a súa vida ía cambiar para mellor. O mesmo día do seu aniversario viu un anuncio que lle chamou a atención: Duplicamos todas, con ou sin mostra. Despois de comprobar no xornal que esta era a primeira vez que o estraño anuncio se publicaba, decidiu marcar o teléfono o concertar unha cita para o día seguinte. Cando chegou alí, solicitoulle á persoa responsabal que lle fixera unha chave da felicidade. O home díxolle que non había problema, porque xa fixera varias copias cando unha rapaza loura lle encargara o mesmo pedido. Dende ese momento, o protagonista decidiu percorrer as rúas ollando para as rapazas louras coa esperanza de atopala .
Esta é a historia que se conta en Unha chave non é suficiente; gustoume porque me pareceu unha historia moi especial, cun toque de maxia relacionándoo co amor, que pode ser a chave da felicidade. 
                                                                                                         (Ángela Doval) 

- En O caso do unicornio azul,  Agustín Fernández Paz cóntanos a historia dun home que  ten unha axencia matrimonial. Un día solicitou os seus servizos unha cliente moi especial: unha unicornio que quería buscar parella. O dono da axencia fixo todo o posible por cumprir o encargo e iniciou a busca dun unicornio polas fragas. Polo momento, non foi quen de atopalo e fai un chamamento dirixido a calquera que poida ver un animal destas características.


Este conto gustoume pola orixinalidade da historia e ademais fíxome reflexionar sobre as especies en perigo de extinción e a importancia de ter descendencia.                                     (Idaira)

OLIVER TWIST E AKIM


      Nas semanas pasadas vimos a adaptación ao cine que R. Polanski fixo da novela Oliver Twist, de Charles Dickens.


      Oliver é un rapaz orfo, criado nun hospicio onde pasa necesidades e fame. Despois de traballar nunha funeraria escapa á grande cidade de Londres. Alí ingresa, de xeito inocente e sen imaxinar onde se mete,  nunha banda de rapaces ladróns. Viven, todos eles, con Fagin, un home tremendamente avaricioso que lles ensina como deben exercer o "oficio". Fai amizade con Nancy, unha moza que vive tamén alí e que se prostitúe. O malvado Sikes buscará a Oliver cando este é acollido por un rico ancián e acabará matando á pobre Nancy...

     Os feitos sitúanse no século XIX, do que nos separan máis dun cento de anos e sen embargo hai moitos problemas que seguen a formar parte do mundo actual: hoxe falamos da existencia de mafias que raptan nenos para que mendiguen ou para abusar deles, tamén as hai adicadas á prostitución de mulleres... Oliver Twist podería vivir no século XXI e non sería un extraño. Non credes? 




 Lemos estes días pasados un conto de Claude K. Dubois, Akim corre, no que se expoñen as consecuencias traumáticas da guerra nos máis pequenos. A  través de fermosísimos debuxos e textos breves coñecemos a soidade de Akim, un neno que queda abandoado despois dun bombardeo; ha de valerse por sí so, fuxe, fano prisioneiro e ten que traballar... Finalmente pode marchar a un campo de refuxiados, onde por fin come, dorme e é tratado sen violencia. O remate é feliz: atopa a súa nai.



      Non está lonxe Akim de Oliver Twist: a violencia, o egoísmo e a maldade segue contando entre as súas víctimas aos máis pequenos. Algo non funciona neste mundo que parece tan perfecto e adiantado...  

3 abr. 2017

TRES SOMBREROS DE COPA


      Tres sombreros de copa es una comedia de Miguel Mihura que introduce en el panorama teatral de posguerra un humor renovador basado en situaciones absurdas y en un lenguaje incoherente. Dionisio, un joven burgués, celebrará su boda con Margarita, una muchacha de su mismo grupo social; Paula, una bailarina que representa el mundo artístico lo tentará para que no se case y para que viva con ella una existencia más libre, escapando de las convenciones burguesas. Pero el protagonista se dejará arrastrar por su condición social, sacrificando así la felicidad.

      Este tipo de humor, basado en lo absurdo, requiere mayor concentración y esfuerzo en el público, tanto por su lenguaje atípico como por su trasfondo de crítica social: no resulta extraño que tardara veinte años en estrenarse esta obra de Mihura; efectivamente, para el público era mucho más cómodo ver la comedia burguesa benaventina o el teatro de Arniches y de los hermanos Álvarez Quintero. 
      No nos ha atrapado la obra: no estamos habituadas a este tipo de literatura que maneja lo incoherente como instrumento de expresión. Reconocemos, aun así, la genialidad del autor que consigue darnos una lección amarga de la vida a través de la risa. 

                                                                                   Tamara Cao y Alicia Seoane, 2º Bachillerato