21 dic. 2012

DE VISITA NA CASA DE DONA EMILIA

     
 
 Varios membros do Club de Lectura Fendetestas visitaron onte a casa de Emilia Pardo Bazán en A Coruña. A directora do Museo, Xulia Santiso, levounos, co seu bo saber facer, á época da escritora: conseguiu que tivésemos a sensación de ter á creadora dos Pazos de Ulloa entre nós, quentándose á beira da cheminea do seu salón, lendo a prensa da época ou escribindo calquera dos seus marabillosos contos no despacho.
 




Grazas, Xulia, por ese agradable paseo por Marineda.

20 dic. 2012

MATILDA



Na última reunión que tivemos os Fendetestas de 1º ESO antes das vacacións de Nadal fixemos unha posta en común da lectura de Matilda de Roald Dahl . Todos coincidimos en que o libro nos gustou moito e que lelo non foi para nada un traballo, máis ben todo o contrario. Os membros do club fomos destacando aqueles aspectos que máis nos chamaron a atención da historia de Matilda.

Velaí unha pequena mostra dos comentarios:

Andrea dixo que todos os rapaces e rapazas que teñan interese por ler e aprender cousas coma a protagonista do libro deberían ser apoiados polos seus pais, a diferenza do que lle ocorre a Matilda, que é unha incomprendida.
A Sara chamoulle a atención a incultura dos pais e como aparecen ridiculizados en moitos aspectos (costumes, alimentación..). Tamén destacou o pouco caso que lle fan e o distintos que son a ela.
A Bianca encantoulle unha das escenas máis divertidas da obra, cando Matilda lle pega ao pai o sombreiro á cabeza como vinganza pola súa actitude.
Rodrigo, que ademais de ler a novela viu a película, explicounos o que lle pareceron as dúas, aínda que non soubo dicir cal lle gustara máis.
En xeral, comentamos que cando viamos unha película baseada nun libro era mellor ler primeiro a historia e despois ver a versión cinematográfica. Por que? Porque coa lectura imaxinamos como son os personaxes , os espazos… e coa película poñémoslle cara a todo iso que antes estaba só na nosa mente. Tamén falamos do que era para nós a lectura e de que libros nos gustaran moito e doutros que non foran do noso agrado.

Rematamos escollendo unha nova lectura para comezar nas vacacións: O pazo baleiro de Xabier Docampo.

19 dic. 2012

O ENIGMA DO MENHIR


Os Fendetestas de 1º da ESO comezamos a nosa andaina no club de lectura lendo "O enigma do menhir", un relato de Agustín Fernández Paz recollido no libro As fronteiras de medo.  Todos coincidimos en que nos gustou moito e que a súa lectura foi moi doada. Comentamos que a historia era moi intrigante e, por momentos, deunos un pouco de medo.
Ademais de ler o relato buscamos información sobre os menhires. Aprendemos que son pedras de gran tamaño que teñen funcións  variadas, dende marcar os límites territoriais dun pobo até serviren como centro de cerimonias relixiosas, especialmente funerarias. Tamén soubemos que os cromlechs son menhires agrupados. A  información atopámola na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Ademais investigamos sobre uns  personaxes fantásticos chamados lumias que teñen no relato un papel moi importante. Consultamos un libro titulado Dicionario dos seres míticos galegos. Nel podemos atopar información sobre seres máxicos e fantásticos coma os que aparecen no conto de Agustín Fernández Paz.

7 dic. 2012

CONSEJOS PARA LEER A EDUARDO MENDOZA

Un grupo de Fendetestas de 1º BAC hemos llegado al ecuador de La verdad sobre el caso Savolta, en la que Mendoza nos transporta, en medio de una auténtica trama policial, llena de suspense, a la agitada sociedad barcelonesa del primer tercio del siglo XX.

Lo cierto es que estamos leyendo una novela diferente a las que conocemos. Queremos daros unos pequeños "consejos" para que la lectura de este autor no os resulte más complicada de lo que debiese:

- Eduardo Mendoza es un gran conocedor de la historia y de la geografía urbana de Barcelona: conoce calles, lugares emblemáticos.

- Es un autor que publica esta novela en los años 70, cuando la narrativa había vivido un proceso de renovación técnica importante y los frutos del mismo se empezaban a mezclar con el gusto tradicional por contar historias con acción e intriga: hay distintos puntos de vista, documentos diversos que resultan extraños en una novela...

- Tiene predilección por  las historias que incluyen investigaciones, detectives y suspense: se interroga a Javier Miranda para descubrir la verdad sobre ...

- El componente de las relaciones sentimentales suele estar también presente en la trama de sus novelas: Lepprince, Javier Miranda tienen vida sentimental en la obra.

- El humor aparece en sus narraciones como un elemento importante: Nemesio Cabra es un personaje con cierta función cómica...