19 dic 2012

O ENIGMA DO MENHIR


Os Fendetestas de 1º da ESO comezamos a nosa andaina no club de lectura lendo "O enigma do menhir", un relato de Agustín Fernández Paz recollido no libro As fronteiras de medo.  Todos coincidimos en que nos gustou moito e que a súa lectura foi moi doada. Comentamos que a historia era moi intrigante e, por momentos, deunos un pouco de medo.
Ademais de ler o relato buscamos información sobre os menhires. Aprendemos que son pedras de gran tamaño que teñen funcións  variadas, dende marcar os límites territoriais dun pobo até serviren como centro de cerimonias relixiosas, especialmente funerarias. Tamén soubemos que os cromlechs son menhires agrupados. A  información atopámola na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Ademais investigamos sobre uns  personaxes fantásticos chamados lumias que teñen no relato un papel moi importante. Consultamos un libro titulado Dicionario dos seres míticos galegos. Nel podemos atopar información sobre seres máxicos e fantásticos coma os que aparecen no conto de Agustín Fernández Paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario