22 mar. 2013

LENDO A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


 Os Fendetestas de 1º ESO despois de comentar O laboratorio do doutor Nogueira (libro proposto  neste trimestre na materia de Lingua e Literatura) estivemos decidindo que lectura escoller para comezar estas vacacións. Moitos  quedamos con ganas  de saber máis sobre  Agustín Fernández Paz porque nos chamou moito a atención o feito de que aparecese como personaxe no libro. Como escoitamos varios comentarios de compañeiros aos que lles gustaba moito este autor, pareceunos que unha boa maneira sería ler algunha outra obra del. Barallamos diversas posibilidades,  e ao final a escolla foi variada: a maioría eliximos Trece anos de Branca, pero hai que dicir que  a algúns pareceunos que As flores radiactivas  tamén trataba un tema moi interesante. Por iso decidimos quedar con esa dobre opción de lectura.
 As temáticas das dúas obras son ben diferentes, se ben teñen en común o feito de ter sido escritas por un dos escritores máis recoñecido e premiado da nosa literatura. Á volta de Semana Santa daremos conta das nosas impresións sobre estes dous libros.

21 mar. 2013

ENCONTRO CO POETA: VERSOS A TODO GAS





O pasado luns, 18 de marzo, tivemos a gran sorte de recibir na nosa biblioteca o poeta Carlos Negro. Cos seus versos e co seu entusiasmo pola poesía levounos a todo gas polas corredoiras e canteiras de Makinaria, ese mundo creado por el onde a adrenalina, a velocidade, o ligue, a música...e o perigo e as bágoas, van sentados nos asientos dianteiros dese bólido que é a xuventude. 





Grazas, Carlos, por facernos sentir tan preto o que a cotío sentimos tan lonxe. 

14 mar. 2013

EL CURIOSO INCIDENTE DEL PERRO A MEDIANOCHE: unha novela que non nos deixou indiferentes




  • É unha novela que manifesta unha problemática real, o síndrome de Asperger. Contén a dose exacta de aventuras, misterio e emoción e, de igual forma, é unha historia reflexiva e cercana.
   Foi para min toda unha ensinanza para coñecer unha forma de vida que non é doado imaxinar por ti mesma; é tamén unha posibilidade para ter unha mentalidade aberta a todo o que se nos escapa.
      (Sofía Dono)

  • Sorprendeume a valentía coa que Christopher afrontaba algunhas situacións; pero tamén a inmadurez dos seus actos, xa que non sabe afrontar o día a día da vida cotiá. O que é non moi complicado para calquera é imposible para el.
(Vanesa Garea)

  • É increíble que a xente non intente acostumarse a Christopher como el se intenta acostumar a nós, a pesar da súa enfermidade…
(Ana Pardo)

  • Mentir é algo cotiá na vida dunha persoa normal entre comiñas, pero o protagonista desta novela ensinounos a vida dende un punto  oposto, onde non  dicir a verdade non é só absurdo senón imposible.
(Paula Pintor)

  • En principio o que máis pode impresionar é a enfermidade do protagonista, as cousas que lle gustan, o seu comportamento… Pero a min foi a actitude que teñen os seus pais fronte á enfermidade de Christopher.
(Natalia Suárez)

8 mar. 2013

XUVENTUDE, VELOCIDADE, MÚSICA, ROLLITO E... PERIGO!

            Xa lemos os poemas de Makinaria e querémosvos falar deste libro que non nos deixou indiferentes. Ó longo de todo o libro están presentes os mozos, os coches, a velocidade, a música tecno, o rollito sentimental... e a morte como algo que pode estar en calquer curva de calquera sábado pola noite. Tamén, segundo imos lendo, van adquirindo maior presenza os pais.
          Tres cousas nos chamaron moito a atención:
          - Que esta obra, feita por un adulto, hai que dicilo,  vaia envolvéndonos e levándonos con ela case                 como se formásemos parte dos poemas. Nós pensamos que efectivamente estamos neles, son pedazos de experiencias que podería vivir calquera de nós. 
          - Que cando imos xa a toda velocidade, metidos de cheo no ritmo tolo, vertixinoso dos poemas, "batamos" coas dúas últimas partes (061 e Game Over) de Makinaria: parecéronnos mensaxes tan fermosos como impactantes. O efecto de choque, de chamada de atención é tan violento que o sorriso e o gozo dos poemas anteriores quedou xeado nos nosos beizos. Se o autor pretende facer unha chamada de atención ós lectores, o obxectivo está totalmente conseguido. 
          - O autor verte nas poesías de Makinaria ingredientes de diversa índole: ritmo, velocidade, videoxogos, amor, desgraza... e MOITA MÚSICA. Por certo, chamounos a atención a referencia inicial do libro a Bruce Springsteen e dous poemas que levan título de dúas cancións súas. Cómpre dicir que a maior parte de nós non o coñeciamos... para sorpresa da nosa profesora!. Adicamos unha sesión a poñernos ao día sobre o tema. Velaquí dous vídeos: un de presentación, onde aparece unha das cancións máis coñecidas do rockeiro, e outro que recolle a canción que serve de título a un dos poemas do libro.

        Por certo... o vindeiro luns, 18 de marzo, estará connosco Carlos Negro no instituto para falarnos da súa obra. 





7 mar. 2013

VER PARA... LEER


      Estos días, los Fendetestas de uno de los grupos de 1º BAC,  hemos estado  acabando la lectura de Pic-nic de Fernando Arrabal. Esta obra teatral presenta una situación absurda: unos padres visitan a un soldado en medio de la guerra, como si nada estuviese sucediendo. Hemos hablado acerca de la intención de denuncia por parte del autor: la obra es un alegato contra el sinsentido de las guerras y una defensa de la inocencia de quienes luchan en ella forzados por las circunstancias. Nos ha sorprendido como puede decirse tanto y tan profundo en una obra que parece tremendamente sencilla y corta.

   




Finalmente, no hemos podido resistir la tentación de rendirnos a la evidencia y comparar el humor de Arrabal con el del ya desaparecido Gila. ¡Que lo disfrutéis!.




QUEN DIXO QUE A POESÍA ERA ABURRIDA?


Nestes meses de febreiro e marzo andamos, os Fendetestas de 3º e 4º ESO,  a descubrir novos camiños polo enorme mundo da literatura. Para iso levamos debaixo do brazo dúas obras poéticas moi actuales: Makinaria, de Carlos Negro (en galego), e Esto y ESO  de Raúl Vacas (en castelán).
Nós pensabamos que a poesía era só a que aparecía nos libros de texto, que, hai que dicilo, non nos gustaba moito (salvo algunhas excepcións, como Bécquer, Neruda...). Con Negro e Vacas descubrimos que a poesía deles está feita con persoas, obxectos e sentementos que tocamos ou sentimos todos os días. A poesía é con eles entretida e moi próxima. É a realidade posta en letras.

Gústanos.  E para saber se a vós tamén vos pode enganchar, velaquí dous poemiñas dos que falamos no club ( o primeiro, de Raúl Vacas e o segundo, de Carlos Negro.


IBUPROFENO, 600 MG

Doctor, me duele España, ¿qué me pasa?
Es un doctor civil, peninsular.
Me duelen las milicias, firmes, ¡ar!
Me duele la nostalgia hecha a la brasa.

Me duelen los burgueses, la argamasa.
Me duelen los mendigos y el caviar.
Me duelen Shopenhauer y el altar. 

Me duele esta nación y su carcasa.
Me duele el soñador, la oligarquía. 
Me duelen cuatro siglos que se han ido.
me duele esta feliz ramplonería. 

Me duelen el silencio y el aullido.
Me duelen los poetas, la hidalguía.
Me duele el ataúd donde he nacido. 


AUTOPSIA

Dezanove anos, 
dezaseis válvulas, 
douscentos cabalos, 
medio gramo
de euforia
no sangue:
sí xa o levaron para o tanatorio.