Foi para min toda unha ensinanza
para coñecer unha forma de vida que non é doado imaxinar por ti
mesma; é tamén unha posibilidade para ter unha mentalidade aberta a
todo o que se nos escapa.
(Sofía Dono)
- Sorprendeume a valentía coa que Christopher afrontaba algunhas situacións; pero tamén a inmadurez dos seus actos, xa que non sabe afrontar o día a día da vida cotiá. O que é non moi complicado para calquera é imposible para el.
(Vanesa
Garea)
- É increíble que a xente non intente acostumarse a Christopher como el se intenta acostumar a nós, a pesar da súa enfermidade…
(Ana
Pardo)
- Mentir é algo cotiá na vida dunha persoa normal entre comiñas, pero o protagonista desta novela ensinounos a vida dende un punto oposto, onde non dicir a verdade non é só absurdo senón imposible.
(Paula
Pintor)
- En principio o que máis pode impresionar é a enfermidade do protagonista, as cousas que lle gustan, o seu comportamento… Pero a min foi a actitude que teñen os seus pais fronte á enfermidade de Christopher.
(Natalia
Suárez)
No hay comentarios:
Publicar un comentario