
Os Fendetestas de 1º ESO despois de comentar
O laboratorio do doutor Nogueira (libro proposto neste trimestre na materia de Lingua e Literatura) estivemos decidindo que lectura escoller para comezar estas vacacións. Moitos quedamos con ganas de saber máis sobre Agustín Fernández Paz porque nos chamou moito a atención o feito de que aparecese como personaxe no libro. Como escoitamos varios comentarios de compañeiros aos que lles gustaba moito este autor, pareceunos que unha boa maneira sería ler algunha outra obra del. Barallamos diversas posibilidades, e ao final a escolla foi variada: a maioría eliximos
Trece anos de Branca, pero hai que dicir que a algúns pareceunos que
As flores radiactivas tamén trataba un tema moi interesante. Por iso decidimos quedar con esa dobre opción de lectura.

As temáticas das dúas obras son ben diferentes, se ben teñen en común o feito de ter sido escritas por un dos escritores máis recoñecido e premiado da nosa literatura. Á volta de Semana Santa daremos conta das nosas impresións sobre estes dous libros.

No hay comentarios:
Publicar un comentario