8 mar 2013

XUVENTUDE, VELOCIDADE, MÚSICA, ROLLITO E... PERIGO!

            Xa lemos os poemas de Makinaria e querémosvos falar deste libro que non nos deixou indiferentes. Ó longo de todo o libro están presentes os mozos, os coches, a velocidade, a música tecno, o rollito sentimental... e a morte como algo que pode estar en calquer curva de calquera sábado pola noite. Tamén, segundo imos lendo, van adquirindo maior presenza os pais.
          Tres cousas nos chamaron moito a atención:
          - Que esta obra, feita por un adulto, hai que dicilo,  vaia envolvéndonos e levándonos con ela case                 como se formásemos parte dos poemas. Nós pensamos que efectivamente estamos neles, son pedazos de experiencias que podería vivir calquera de nós. 
          - Que cando imos xa a toda velocidade, metidos de cheo no ritmo tolo, vertixinoso dos poemas, "batamos" coas dúas últimas partes (061 e Game Over) de Makinaria: parecéronnos mensaxes tan fermosos como impactantes. O efecto de choque, de chamada de atención é tan violento que o sorriso e o gozo dos poemas anteriores quedou xeado nos nosos beizos. Se o autor pretende facer unha chamada de atención ós lectores, o obxectivo está totalmente conseguido. 
          - O autor verte nas poesías de Makinaria ingredientes de diversa índole: ritmo, velocidade, videoxogos, amor, desgraza... e MOITA MÚSICA. Por certo, chamounos a atención a referencia inicial do libro a Bruce Springsteen e dous poemas que levan título de dúas cancións súas. Cómpre dicir que a maior parte de nós non o coñeciamos... para sorpresa da nosa profesora!. Adicamos unha sesión a poñernos ao día sobre o tema. Velaquí dous vídeos: un de presentación, onde aparece unha das cancións máis coñecidas do rockeiro, e outro que recolle a canción que serve de título a un dos poemas do libro.

        Por certo... o vindeiro luns, 18 de marzo, estará connosco Carlos Negro no instituto para falarnos da súa obra. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario